Adega Eloi Lorenzo

Adega Eloi Lorenzo

A adega Eloi Lorenzo, de tradición familiar, sae renovada ao mercado co seu primeiro viño no ano 2007 con gran éxito. Nos seus viños implícanse  persoalmente en cada unha das etapas, para destacar os mellores matices das uvas que cultivan. Javier Monsalve, propietario, viticultor e enólogo aposta por elaborar viños naturais cunha selección das mellores variedades nobres e autóctonas.

ACTIVIDADES ENOTURISMO:

1.-Básica. No xardín, cata de 2 viños acompañados de maridaxe. Prezo: 20€ x persoa.

2.-Medium. Cata de históricos. Cata de 3 viños que elaboran todos os anos, máis o crianza Lonxe 2014 100% Treixadura. Prezo: 40€ x persoa.

3.-Premiun. Comeza cun paseo ata o viñedo onde se realiza a cata dun viño. Logo, de volta na adega,  faise a cata dos 4 viños, explicando elaboración e obxectivos. Para rematar servirase un xantar no Xardín, con produtos de tempada máis algunha elaboración culinaria, maridaxe cos viños da adega. Prezo: 60€ / persoa Max 22 pax e Min. 6 pax.

Contacta e conéctate

Balneario Caldas de Partovia

Balneario Caldas de Partovia

Un espazo para a tranquilidade, sinxelamente único, onde relaxarse e gozar do pracer do baño. Na actualidade, nesta nova etapa que se inicia en 2017, o balneario conta con novas instalacións e un moderno edificio de liñas limpas que se mimetiza co espazo natural que o rodea, pero procuramos seguir mantendo e dando prioridade á que foi a súa esencia ao longo do tempo, é dicir, ás súas extraordinarias augas azuladas.

Situado a 2 km do Carballiño (Ourense), segue sendo un dos centros turísticos do interior máis importantes de Galicia, o balneario histórico das Caldas de Partovia enmárcase nunha paisaxe rural de gran beleza rodeado de zonas verdes e bosques. As Caldas de Partovia materializa a esencia do concepto de balneario, lugar de repouso, saúde, lecer e benestar onde o visitante sente parte integrante do mesmo desde o primeiro momento.

Contacta e conéctate

Ribeiro LandArt

Ribeiro LandArt

RibeiroLandArt é un proxecto no corazón do Ribeiro, unha paisaxe única, patrimonio vitícola na DO máis antiga de Galicia que este proxecto quere poñer en valor.

Compartir este tesouro, o bosque, as augas medicinais, e a experiencia artística como un espazo de creación e formación. Unha proposta multidisciplinar cunha selección de talleres impartidos por profesionais de recoñecido prestixio.

Os nosos tres piares fundamentais de traballo para poñer en valor o patrimonio forestal e vitícola do Ribeiro son: Educación Ambiental,  Artes terapéuticas e Eventos sostibles.

Contacta e conéctate

Pazo de Toubes

Pazo de Toubes

Pazo de Toubes. Visitas guiadas, catas, eventos.

Benvido viaxeiro!

Un pazo de 1742 é o núcleo principal dun entorno que consta de 9 hectáreas de viñas propias, unha adega e unhas instalacións para a celebracións de eventos. Un lugar único, xestionado pola adega Viña Costeira, onde descubrir o auténtico Ribeiro: o traballo nas viñas, a elaboración dos viños e a historia dun pazo do século XVIII.

VISITA “Orixe, Historia e Tradición”.

  • Percorrido polo viñedo.
  • Visita ao Pazo de Toubes.
  • Cata de 3 viños da adega.
  • Degustación de queixos e conservas.
  • PREZO: 15€/pax
Contacta e conéctate
  • Lugar Riobóo 3, Leiro, 32454, Ourense

Condicións da Visita

De luns a domingo. Reservas con 24h de antelación, na web www.costeira.es

Horarios: ás 11h e ás 12:30h

Grupos: mínimo 2 personas e máximo de 12.

Visita en idiomas: galego, castelán e inglés (con reserva previa).

Visitas respetando os protocolos de seguridade e hixiene establecidos. Priorizando ás actividades ao ar libre.


Genuine Galicia

Genuine Galicia

Genuine Galicia, Rutas, Guías, Turismo e Cultura.

Genuine Galicia, Visitas guiadas, Rutas, Guías e Excursións. By Rosa Dourado

Benvido viaxeiro!

Genuine Galicia é unha empresa especializada no interior de Galicia, que opera desde a Provincia de Ourense..

  • Guías, visitas guiadas e rutas a medida para GRUPOS e PARTICULARES.
  • Produtos en Galicia E escapadas ao Norte de Portugal, coidados e singulares. Enoturismo. Rutas Gastronómicas, Monumentais, Natureza, Temáticas, etc…

Guías profesionais en multitude de IDIOMAS, principalmente: English, Francés, Español,Português, Deutsch, Italiano e outros.

Contacta e conéctate
  • Ourense

Horarios
Visitas guiadas en Ribadavia

TODOS OS DÍAS previa Reserva (suxeito a disponibilidade de guías)

Horarios: a convir 

Punto de encontro: Oficina Municipal de Turismo

Duración da visita: 2h00.

Visita en idiomas: Eng-Fr-It-De-Pt (con reserva previa)

Descripción: Ribadavia. A visita céntrase no núcleo histórico. Visita ás prazas e rúas medievais de Ribadavia, muralla e portas, Museo Etnolóxico, castelo, vendo as antigas adegas e tabernas de Ribadavia. Igrexas como a Magdalena, Santiago, San Juan, A casa da Inquisición e contorna do río Avia.

Visitas guiadas no RIBEIRO e CARBALLIÑO

VISITAS y EXCURSIONES en la zona:

  • Rutas do Románico
  • Ruta Sefardí
  • Rutas Descubre O Ribeiro
  • Rutas do viño
  • Ruta Natural e da Paisaxe
  • Ruta gastronómica
  • Ruta artesanía e tradición
  • Ruta da Historia
  • Ruta Artística e Literaria.

TODO O ANO: previa Reserva

Horarios e Punto de encontro: A convir.

Duración daa visita: Medio día ou xornada completa (de 4h a 10h de percorrido)

Visita en idiomas: Eng-Fr-It-De-Pt (con reserva previa. Consultar disponibilidade) Tarifas reducidas para grupos


Aldea Rural Pazos de Arenteiro

Aldea Rural Pazos de Arenteiro

Situada en Pazos de Arenteiro, esta Aldea Rural ofrece un espazo único para o gozar e o descanso. Reláxache, respira, goza e deixa que che coidemos!

Contacta e conéctate

Alfonso V Laias Caldaria

Alfonso V Laias Caldaria

Servizo buffet Caldaria

Ti que coñeces Caldaria, gozarías durante as túas estancias nos nosos balnearios da calidade e do sabor do noso buffet. Agora podes gozar desa calidade sen necesidade de estar aloxado no Balneario.

Servizo á carta

Os nosos mellores pratos, cociña de tempada e toda a riqueza gastronómica de Galicia. Chámanos para máis información ou realizar o teu reserva de restauración.

Contacta e conéctate

Arnoia Caldaria

Arnoia Caldaria

Xunto aos ríos Miño e Arnoia, entre montes e bosques, rodeado de xardíns, é o lugar idóneo para gozar de Saúde, Natureza e Descanso.

A catro quilómetros da vila histórica de Ribadavia e próximo ás principais cidades galegas.

O hotel ten 89 habitacións, todas exteriores, algunhas delas
dispoñen dunha agradable terraza.

Todas están perfectamente equipadas para unha estancia cómoda e agradable.

O noso balneario ofrece ao visitante a indescritible sensación de gozar dun tratamento terapéutico no medio da natureza.

Contacta e conéctate

As Casiñas

As Casiñas

Casiñas situadas no casco antiguo de Ribadavia e nos alredores rehabilitadas con elementos naturáis dando lugar a un ambiente cálido e con encanto.

As nosas Casas están totalmente equipadas para gozar coa familia, grupos de amigos ou en parella.

Son casas rústicas moi acolledoras, cunha decoración moderna con pinceladas clásicas, que forman un ambiente cálido, sosegado e moi acolledor.

Goza dunha marabillosa contorna, enoturismo, gastronomía, termas e relax, sendeirismo, rutas histórico – monumentais, …

Contacta e conéctate

Adegas e Viñedos Pazo Casanova

Adegas e Viñedos Pazo Casanova

Pazo Casanova é unha sociedade familiar, constituída no ano 2000, que elabora viños de alta calidade baseados na riqueza varietal autoctona galega e nas extraordinarias condicións dos chans do Ribeiro.

Conta con dez hectáreas de viñedo propio das variedades Treixadura, Albariño, Godello e Loureira, orientadas ao sur e a poñente, protexidas polas murallas do Pazo Casanova (s. XVIII).

O traballo na viña respecta o medio ambiente a través da Produción Integrada e en adega aplícanse as máis modernas técnicas que garanten a trazabilidad dos nosos viños.

A utilización exclusiva de uvas da propiedade, complétase coa exhaustiva selección das mellores uvas para elaborar tanto CASANOVA como CASANOVA MÁXIMA, que permaneceu coas súas leas varios meses.

Co excelente bagazo obtido, elabóranse diversos tipos de bagazos e licores, todos eles baixo o nome da propiedade: PAZO CASANOVA.

Contacta e conéctate

Contacta

Praza Maior, S/N
32400 Ribadavia, Ourense

Teléfono: 988 47 71 00
Correo: ruta@rutadelvinoribeiro.com

Conéctate

 

Política de Cookies
Usamos cookies para mellorar a súa experiencia mentres usamos o noso sitio web. Se está a usar os nosos Servizos a través dun navegador pode restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies a través da configuración do seu navegador web. Tamén empregamos contido e guións de terceiros que poidan usar tecnoloxías de seguimento. Podes fornecer o teu consentimento a continuación para permitir este tipo de terceiros. Para obter información completa sobre as cookies que usamos, os datos que recollemos e como os procesamos, consulte o noso Política de Cookies
Youtube
Acepta mostrar o contido de - Youtube
Vimeo
Acepta mostrar o contido de - Vimeo
Google Maps
Acepta mostrar o contido de - Google
PortasAbertasRutas-1