Xornadas de Portas Abertas no Ribeiro 2022: do 13 ao 15 de maio.
XORNADAS DE PORTAS ABERTAS 2022 na Ruta do Viño do Ribeiro A fin de semana do 13 ao 15 de maio chega unha nova edición das Xornadas de Portas Abertas na […]
Cando bebas un Ribeiro, non só estás a consumir un produto de alta calidade, senón que estás a degustar séculos de historia e tradicións; o froito dunha paisaxe modelada a través dos séculos.
A Asociación Ruta do Viño Ribeiro foi creada no ano 2007 coma unha entidade destinada á promoción do territorio ribeirán e os seus recursos cunha finalidade turística.
Conta tamén cunha activa participación pública representada por 9 concellos (Boborás, Carballiño, Castrelo de Miño, Cenlle, Leiro, Ourense, Ribadavia, San Amaro e Toén) así como o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro que ostenta a presidencia
Tradicionalmente, no territorio da D.O. Ribeiro ten unha gran relevancia o saber facer do viticultor. Actualmente, están rexitrados uns 5.500 que, xunto con 115 adegas e colleiteiros representan a estrutura produtiva da denominación. Cunhas 2.500 hectáreas de viñedo e unha produción media de 14 millóns de quilos de uva, Ribeiro é unha denominación de orixe caracterizada pola súa grande parcelación e diversificación. Un patrimonio vitivinícola que representa a esencia galega pola súa paisaxe, territorio e factor humano.
Ramón Otero Pedrayo
O desengano do prioiro
XORNADAS DE PORTAS ABERTAS 2022 na Ruta do Viño do Ribeiro A fin de semana do 13 ao 15 de maio chega unha nova edición das Xornadas de Portas Abertas na […]
?XORNADAS DE PORTAS ABERTAS 2021? na Ruta do Viño do Ribeiro A fin de semana do 22 ao 24 de outubro chega unha nova edición das Xornadas de Portas Abertas […]
Os establecementos socios da Ruta do Viño do Ribeiro ofrecen propostas moi atractivas combinando viño, gastronomía e patrimonio. Todos eles contan con estrictas medidas de sanitarias que garanten á máxima […]