O Camiño do viño

O Camiño do Viño representa o intercambio comercial máis importante de Galicia dende o S.IX ata o XIX. O seu trazado percorre antigos lugares, aldeas senlleiras e as máis importantes adegas que os señores laicos e eclesiásticos de Galicia posuían no Ribeiro, para fornecer de viño a peregrinos, mosteiros, nobres e a realeza. O principal medio de distribución do viño eran os arrieiros, que transportaban o viño en pelellos que ían cargados sobre o lombo de recuas de mulas.

O Ribeiro é de lonxe a comarca vitivinícola por excelencia de Galicia, e unha das máis antigas do mundo polo que as técnicas e laboreos máis innovadores no viñedo ao longo dos séculos fóronse dando no Ribeiro, sendo un dos grandes referentes da historia e da cultura do viño en Europa.

Este camiño, que levaba o viño a Compostela e aos principais portos galegos, está composto de varios tramos. O Camiño do Viño parte de Ribadavia e transcorre pola beira esquerda do río Avia cara Compostela, pasando por lugares, aldeas e parroquias con evidente presenza de elementos patrimoniais e históricos fundamentados na produción de viño. O roteiro inicial ten unha lonxitude total de 12 km con saída dende Ribadavia e chegada ao Mosteiro de San Clodio do Ribeiro de Avia.

Actualmente podemos facer o TRAMO 1, entre Ribadavia e o Mosteiro de San Clodio do Ribeiro de Avia. Neste tramo pasaremos polas adegas e granxas vitícolas que posuían as familias mais importantes de Galicia no Ribeiro. Aldeas históricas, camiños amurallados, socalcos e lagares vanse alternando ao longo dun percorrido único. Este roteiro histórico pretende amosar o percorrido que facían estas persoas cando viaxaban a Compostela para vender o viño.

O Camiño do Viño parte de Ribadavia e transcorre pola beira esquerda do río Avia cara Compostela, pasando por lugares, aldeas e parroquias con evidente presenza de elementos patrimoniais e históricos fundamentados na produción de viño. O roteiro inicial ten unha lonxitude total de 12 km con saída dende Ribadavia e chegada ao Mosteiro de San Clodio do Ribeiro de Avia.

O tramo que discorre polo Concello de Ribadavia, cunha lonxitude de 7 km, parte do paseo fluvial do Avia, a altura da Ponte do Burgo. Continúa polo paseo do río ata a Veronza seguindo cara á Quinza e daí, tamén pola beira do río segue cara os fondais de Sto André de Campo Redondo, desvíandose á dereita entre viñedos para subir á aldea de Sto André. Despois de deixar a dereita o Museo do Viño de Galicia o roteiro vai cara Esposende, pasando ao municipio de Cenlle.

Establecementos Ruta do Viño do Ribeiro

No percorrido polo Concello de Ribadavia atoparemos puntos de referencia na nosa ruta, dos establecementos pertencentes á Ruta do viño do Ribeiro.

O tramo que percorre ó Concello de Cenlle ten unha lonxitude de 4,3 km, comeza no límite có Concello de Ribadavia, no núcleo rural de Esposende, subindo pola Rúa ata Casardomato, ata o desvío á Igrexa de Santa Mariña. Sube por pista ata a estrada OU-0302 cara o Santuario da Virxe das Areas.

Dende aí transcorre polo vello camiño que ía a Lentille, cruzando a estrada polo antigo camiño ata Peitieiros, no lugar de Pazos Ermos.
Baixa ata o lugar de Cuñas por un camiño que trascorre entre fragas de carballo e mimosas, percorre o núcleo urbano e nada máis pasar a igrexa de San Bieito metese a esquerda polo antigo camiño ata Meín.

Entrando xa no Concello de Cenlle, atopamos establecementos onde disfrutar do Enoturismo, nas adegas da Ruta do viño do Ribeiro.  

O tramo que percorre ó Concello de Leiro ten unha lonxitude de 1 km, comeza no límite có Concello de Cenlle, no camiño que sae dende Cuñas a Meín, e dende aí o percorrido vai pola estrada local , á beira de viñedos ata o lugar de San Clodio.

Chegando ao remate deste tramo do Camiño do Viño, no pobo de San Clodio, destaca o imponente Mosteiro cisterciense, hoxe convertido en Hotel Monumento.

Contacta

Praza Maior, S/N
32400 Ribadavia, Ourense

Teléfono: 988 47 71 00
Correo: ruta@rutadelvinoribeiro.com

Conéctate

 

Política de Cookies
Usamos cookies para mellorar a súa experiencia mentres usamos o noso sitio web. Se está a usar os nosos Servizos a través dun navegador pode restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies a través da configuración do seu navegador web. Tamén empregamos contido e guións de terceiros que poidan usar tecnoloxías de seguimento. Podes fornecer o teu consentimento a continuación para permitir este tipo de terceiros. Para obter información completa sobre as cookies que usamos, os datos que recollemos e como os procesamos, consulte o noso Política de Cookies
Youtube
Acepta mostrar o contido de - Youtube
Vimeo
Acepta mostrar o contido de - Vimeo
Google Maps
Acepta mostrar o contido de - Google
PortasAbertasRutas-1