O Camiño do Viño

Cando bebas un Ribeiro, non só estás a consumir un produto de alta calidade, senón que estás a degustar séculos de historia e tradicións; o froito dunha paisaxe modelada a través dos séculos.

Contáctanos
paisaxe modelada a través dos séculos

A Ruta do Viño do Ribeiro

A Asociación Ruta do Viño Ribeiro foi creada no ano 2007 coma unha entidade destinada á promoción do territorio ribeirán e os seus recursos cunha finalidade turística.

Conta tamén cunha activa participación pública representada por 9  concellos (Boborás, Carballiño, Castrelo de Miño, Cenlle, Leiro, Ourense, Ribadavia, San Amaro e Toén) así como o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro que ostenta a presidencia

Tradición milenaria

A Denominación de Orixe

Tradicionalmente, no territorio da D.O. Ribeiro ten unha gran relevancia o saber facer do viticultor. Actualmente, están rexitrados uns 5.500 que, xunto con 115 adegas e colleiteiros representan a estrutura produtiva da denominación.

Cunhas 2.500 hectáreas de viñedo e unha produción media de 14 millóns de quilos de uva, Ribeiro é unha denominación de orixe caracterizada pola súa grande parcelación e diversificación. Un patrimonio vitivinícola que representa a esencia galega pola súa paisaxe, territorio e factor humano.

Estamos moi pertiño de Ourense.

Desde a Estación Intermodal de Ourense encontraredes diferentes opcións para desprazarvos ata o Ribeiro e disfrutar dun Enoturismo sostible e de calidade.

Alquiler de coches: Enterprise, Avis, Europcar.

Taxis: Praza da Estación s/n | 988 213 855

Autobús: empresa Mombus, varias frecuencias horarias. Tempo de traxecto: 25 minutos.  

Tren rexional: empresa Renfe. Saída ás 10:05 desde Ourense. Chegada a Ribadavia ás 10:24.

Coñece a ruta do Camiño do viño

Video promocional da Ruta do viño do Ribeiro

Video promocional 2024 Ruta del vino del Ribeiro

Documental “O camiño do viño”

Documental “O pouso da historia”

“Un groliño de tostado Ribeiro é sol nos salgueiros e nas parreiras dos teus ollos”

Ramón Otero Pedrayo

Contacta

Praza Maior, S/N
32400 Ribadavia, Ourense

Teléfono: 988 47 71 00
Correo: ruta@rutadelvinoribeiro.com

Conéctate