O Rincón dos Sentidos
En O Rincón dos Sentidos podes pasar uns días en cabanas sostibles de recente construción, deseñadas para integrarse respectuosamente na paisaxe e convivir coa natureza de Cenlle, Ourense.
Cada detalle conta. Por iso, recibimos os nosos hóspedes con pequenos agasallos que conectan coa identidade do Ribeiro, como unha botella de viño da comarca, símbolo da súa tradición e do traballo das súas adegas e viticultores.
Contan con 3 cabanas bioclimáticas —aínda que moi pronto serán cinco— afastadas da civilización e totalmente equipadas con baño e cociña, con certificación Passivhaus. Minimalistas pero con todo o que precisas para a tua escapada: cociña, baño e vistas a Pena Corneira desde a terraza. Servizos de cestiñas de almorzo e cea baixo petición previa.






