Casa Dos Ulloa

Casa dos Ulloa

O Pazo dos Ulloa de Esposende é unha construción de principios de século XV e atópase situado en pleno corazón da Comarca vitivinícola do Ribeiro, a beiras do río Avia, pouco antes de que este morra no Pai Miño.

Forma parte do rico pasado de Ribadavia, coñecida desde sempre polos seus famosos viños e a súa abundante riqueza monumental, natural e paisaxística; un pasado que deixou, ademais de casas fidalgas e nobres pazos, igrexas, capelas, santuarios e conventos.

Actualmente o Pazo dos Ulloa de Esposende consta de 5 habitacións dobres dispoñibles para o seu aluguer. Cada habitación posúe un cuarto de baño independente e todos os útiles necesarios para o seu descanso e comodidade.

Situado na capital do Ribeiro, zona vitivinícola histórica de Galicia. A súa proximidade a Ribadavia e a súa proximidade coa natureza fan deste hotel o lugar ideal para gozar dunha estancia tranquila.

Contacta e conéctate

Sábrego

Sábrego

Sábrego é a nosa terra. A terra do Ribeiro. É onde afunden as súas raíces cepas antigas como a treixadura, o godello, o torrontés… É a terra nai.

Do sábrego que nos rodea á cociña de Sábrego Restaurante: unha aposta decidido por produtos locais, receitas de sempre reinventadas polo noso chef para ser gozadas con/na serenidade que achega comer entre viñas.

O ingrediente final de Sábrego Restaurante é unha chiscadela aos nosos comensais: presentacións con faísca, cun algo diferente… Porque a cociña de Sábrego non só se goza co padal senón con todos os sentidos…

Contacta e conéctate

Casal de Armán Hotel

Casal de Armán

O visitante atópase nun recuperado Casal do século XVIII, segundo reza a inscrición dun dos seus dinteles: AD 1727. Acompañado dun signo profiláctico, era a antiga maneira de asinar as súas obras os canteiros que, con esforzo, levantaron as vellas pedras do Casal.

O hotel ocupa a planta superior da edificación onde se sitúan seis habitacións e un salón común de máis de cen metros cadrados.

Contacta e conéctate

Casal de Armán

Casal de Armán

A familia González Vázquez, propietarios de Casal de Armán, dan vida no Ribeiro, a denominación de orixe máis antiga de Galicia, a un dos proxectos vinícolas máis personales e de maior calidade da Comunidade.
Aínda que a tradición do cultivo da vide remóntase catro xeracións atrás, é nos anos 90 cando, coa restauración dun antigo casal do século XVIII, danlle un enfoque máis empresarial.

A paixón e o arraigamento da familia por esta histórica comarca vese reflectida nunha clara aposta pola calidade, tanto dos viños que elaboran, como do hotel rural e o restaurante gastronómico “Sábrego”, que actualmente ocupan as antigas dependencias do Casal de Armán.

Para a elaboración dos seus viños, Casal de Armán utiliza exclusivamente uvas autóctonas do Ribeiro plantadas no val do Avia (a subzona situada máis ao norte do D.O.). A súa filosofía é tratar de reflectir na botella a tipicidade dos viños deste histórico val con chans de composición granítica (sábrego), onde se atopa o Mosteiro de San Clodio.

Coa variedade Treixadura, acompañada en pequenas proporcións de Albariño e Godello, elabora os seus brancos baixo as marcas Casal de Armán e 7 Cotas Branco, e coas tintas Sousón, Caíño Longo e Brancellao elabora Casal de Armán Tinto e 7 Cotas Tinto.

Dous das leiras , na súa parte máis alta, ofrecen un viño que mostra de maneira nítida e elegante as características do lugar onde están plantadas, e é por iso polo que as vinificamos por separado, creando así as marcas Armán Leira Misenhora e Armán Leira Vos Loureiros.

Crearon tamén un viño doce de embriagador aroma e exquisito equilibrio chamado Armán Doce.
Pero aí non termina todo, un proxecto de I+D está en constante procura da excelencia e de novos camiños que poderían nun futuro darnos grandes alegrías.

Contacta e conéctate

Celme

Celme

Somos Dori e Jorge, dous enxeñeiros de formación que decidimos dar un xiro ás nosas vidas para convertir a nosa paixón no noso proxecto vital. Celme, a nosa adega nace no ano 2016 na D.O. Ribeiro na parroquia de Astariz (Castrelo de Miño). Os nosos viños son o resultado dun traballo minucioso e respetuoso co medio ambiente, utilizando exclusivamente castes autóctonas para elaborar viños de excelente calidade.

Contacta e conéctate
Visitas

Luns de 11 a 13 e de 16 a 18. Resto da semana con cita previa.


Cunqueiro

Cunqueiro

Somos unha adega familiar que escribe a súa propia historia desde fai 3 xeracións e que a través da dedicación, o coidado e a sabia combinación e selección das nosas variedades autóctonas, logramos elaborar viños de notable calidade, diferentes e con acusada personalidade que están a conseguir importantes recoñecementos nos últimos anos.

Contacta e conéctate

Cuñas Davia

Cuñas Davia

Se os seus muros falasen, poderían comentarnos cales foron as mellores anadas das máis de 800 que contemplaron; contaríannos como evolucionou a elaboración dos viños a través dos séculos, cun denominador común: as uvas de Cuñas, reflexo dun dos mellores terroirs do Ribeiro.

Valdavia consta de dous edificios que foron restaurados respectando estruturas e materiarles orixinais, dotándoos da tecnoloxía e medios necesarios para garantir a elaboración de viños de calidade.

O lagar, onde se realizaban antigamente as operacións de vendima, é hoxe a área de recepción, cata e tenda para os visitantes.

A adega, que mantén a súa función orixinal pero con medios mellorados, ten capacidade para elaborar até 30.000 botellas ao ano. Dispón de zona separada para operacións de vendima, sala de depósitos e unha pequena sala de embotellado.

Contacta e conéctate

Eduardo Peña

Eduardo Peña

A adega integrada na paisaxe xurde na procura de aire a través dunha cheminea vertical, unha corrente de aire continua e graduable á vountade, a través de condutos baixo o terreo, que evita o uso de medios mecánicos e mantén unhas condicións óptimas para a elaboración do viño. É un achegamento ao xeito tradicional de construir a adega. A  idea é ocultar no posible a peza onde se elaboran los caldos mediante a súa incorporación ao terreo aproveitando o desnivel da viña.

Contacta e conéctate
Visitas

De mércores a sábado: 10- 14h. Con cita previa.


Laias Caldaria

Laias Caldaria

Inaugurado no mes de abril de 2001, a Vila Termal Laias responde perfectamente ás necesidades xeradas por un público cada vez máis esixente en balneoterapia, esixencia que se asume de maneira exhaustiva á hora de ofrecer todos os servizos cos que conta o complexo.

Contacta e conéctate

Leive EcoAdega

Leive EcoAdega

Trátase dunha adega familiar, de colleiteiros, acollida á D.O. Ribeiro e que leva elaborando e comercializando viños ininterrompidamente dende varias xeracións A adega está situada nun vello caserón que aínda conserva partes do s. XVII, localizado en Esposende (Cenlle).

Asemade, o enoturismo constitúe outro dos eixos distintivos da empresa. A visita á adega e aos seus viñedos, cun formato divertido e moi participativo, no que os visitantes embotellan o seu propio viño, dotan de orixinalidade a este producto. En recoñecemento a este servizo a adega conta coa Q de calidade turística.

Contacta e conéctate

Visitas

12:00 – 13:00 -17:00 – 18:00 con reserva


Contacta

Praza Maior, S/N
32400 Ribadavia, Ourense

Teléfono: 988 47 71 00
Correo: ruta@rutadelvinoribeiro.com

Conéctate

 

Política de Cookies
Usamos cookies para mellorar a súa experiencia mentres usamos o noso sitio web. Se está a usar os nosos Servizos a través dun navegador pode restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies a través da configuración do seu navegador web. Tamén empregamos contido e guións de terceiros que poidan usar tecnoloxías de seguimento. Podes fornecer o teu consentimento a continuación para permitir este tipo de terceiros. Para obter información completa sobre as cookies que usamos, os datos que recollemos e como os procesamos, consulte o noso Política de Cookies
Youtube
Acepta mostrar o contido de - Youtube
Vimeo
Acepta mostrar o contido de - Vimeo
Google Maps
Acepta mostrar o contido de - Google