Bodegas Docampo
Unha adega familiar con moita historia e tradición, situada no Concello de Ribadavia, onde contan con case 100 anos de traxectoria vitivinícola. Contan con 6 HA de viñedo propio e outras 12 HA en producción, controlando cada detalle do proceso da viña. As variedades de uva que elaboran son mencía, treixadura, torrontés e godello.
Contan cun centro de recepción de visitas, desde onde xestionan as actividades de enoturismo. Un espazo dinámico e funcional para a realización de catas, degustacións e eventos. Tamén podemos atopar unha tenda para mercar a ampla variedade de viños da adega.




