Eduardo Peña

Eduardo Peña

A adega integrada na paisaxe xurde na procura de aire a través dunha cheminea vertical, unha corrente de aire continua e graduable á vountade, a través de condutos baixo o terreo, que evita o uso de medios mecánicos e mantén unhas condicións óptimas para a elaboración do viño. É un achegamento ao xeito tradicional de construir a adega. A  idea é ocultar no posible a peza onde se elaboran los caldos mediante a súa incorporación ao terreo aproveitando o desnivel da viña.

Contacta e conéctate
Visitas

De mércores a sábado: 10- 14h. Con cita previa.


Laias Caldaria

Laias Caldaria

Inaugurado no mes de abril de 2001, a Vila Termal Laias responde perfectamente ás necesidades xeradas por un público cada vez máis esixente en balneoterapia, esixencia que se asume de maneira exhaustiva á hora de ofrecer todos os servizos cos que conta o complexo.

Contacta e conéctate

Leive EcoAdega

Leive EcoAdega

Trátase dunha adega familiar, de colleiteiros, acollida á D.O. Ribeiro e que leva elaborando e comercializando viños ininterrompidamente dende varias xeracións A adega está situada nun vello caserón que aínda conserva partes do s. XVII, localizado en Esposende (Cenlle).

Asemade, o enoturismo constitúe outro dos eixos distintivos da empresa. A visita á adega e aos seus viñedos, cun formato divertido e moi participativo, no que os visitantes embotellan o seu propio viño, dotan de orixinalidade a este producto. En recoñecemento a este servizo a adega conta coa Q de calidade turística.

Contacta e conéctate

Visitas

12:00 – 13:00 -17:00 – 18:00 con reserva


Licores Os Maios

Licores Os Maios

O proxecto “licores artesanais” naceu dunha afición común que temos dende fai anos dúas amigas: a elaboración con base de augardente de licores tradicionais galegos.

Recopilamos receitas populares, algunhas de moita tradición como o licor café e a augardente de herbas, e outras menos coñecidas pero recollidas do saber popular, como a do licor de folla de figueira, licor de canela… e as máis innovadoras como a da crema de orujo.

Durante anos, elaboramos estes licores artesanais para o disfrute dun grupo reducido de familiares e amigos, que nos animaron a participar no concurso de licores caseiros que se convoca cada ano na famosa e recoñecida Festa da Istoria de Ribadavia, onde obtivemos diferentes premios.

Pouco a pouco, fómonos facendo donas dese saber popular, que xunto cun proceso totalmente artesán e os ingredientes mais naturais, acadou un resultado que segundo persoas catadoras, familiares e amigos, podería ter un alto grado de aceptación no mercado, tan necesitado deste tipo de productos artesáns.

Presentamos agora estes licores á vosa consideración e ofrecémosvolos en botellas decoradas artesanalmente, pintadas a man ou repuxadas en estaño por unha das promotoras desta iniciativa.

Contacta e conéctate

Monasterio de San Clodio Restaurante

Monasterio de San Clodio Hotel & Spa

Mosteiro cisterciense do século XII maxistralmente rehabilitado como hotel pola Xunta de Galicia. Os nosos muros respiran historia.

Goza no noso restaurante da variedade das nosas propostas, desde unha abundante cea de bispo a un frugal xantar de monxe. Somos especialistas en pratos tipicamente galegos e dispomos da máis variada oferta de viños galegos e nacionais.

A contorna, sen dúbida, sorprenderá aos invitados. Os nosos salóns son tamén ideais para albergar vodas, comuñóns ou bautizos.

Contacta e conéctate

Monasterio de San Clodio Hotel & Spa

Monasterio de San Clodio Hotel & Spa

Somos moito máis que un hotel. Un mosteiro cisterciense do século XII maxistralmente rehabilitado como hotel pola Xunta de Galicia. Os nosos muros respiran historia.

Foi na súa orixe morada dos monxes cistercienses, posteriormente de monxes benedictinos, e hoxe en día abre as súas portas para que sexas ti quen goce da paz e a tranquilidade dos seus claustros, as súas estancias e a súa marabillosa contorna no corazón da comarca ourensá de Ribeiro.

Máis aló do aloxamento no hotel, o Eurostars Monumento Mosteiro de San Clodio Hotel & Spa supón unha excepcional elección para banquetes e reunións de empresa. O mosteiro dispón de cinco salóns (Cova Sacra, Abad, Cisterciense, Benedictino e Medieval) distribuídos nos seus dous claustros, cunha excelente acústica e as mellores dotacións técnicas.

A contorna, sen dúbida, sorprenderá aos invitados. Os nosos salóns son tamén ideais para albergar vodas, comuñóns ou bautizos.

Contacta e conéctate

O’Birrán

O´Birrán

Este gastrobar, dota a Ribadavia dunha estupenda gastronomía tradicional evolucionada, en pleno barrio xudeu.

Contacta e conéctate

Parque Nautico Castrelo de Miño

Parque Náutico de Castrelo

No corazón do Ribeiro, invitámoste a desfrutar dun entorno agradable marcado pola gastronomía, a enoloxía e o deporte náutico.

Contacta e conéctate

Pazo de Esposende

Pazo de Esposende

Pazo de Esposende é unha Casa Señorial construída no século XVI adaptada como Hotel Rural (categoría A – Pazo).

Volveuse a abrir ao público o 28 de xullo de 2017 despois de realizar obras de mellora e actualizacións das instalacións. Atópase na localidade de Esposende (Ribadavia, Ourense), rodeada de paisaxes preciosas, preto de puntos históricos, arquitectónicos e de interese turístico, como balnearios e spa de augas termais naturais, adegas locais, mosteiros, ríos e encoros.

Dispomos de aparcadoiro propio, gran xardín.

Todas as habitacións teñen baño propio completo, televisión, internet Wi-Fi gratis en zonas comúns, minibar e calefacción.

Admítense animais domésticos.

Ofrecemos habitacións con ou sen xantar Produtos frescos de orixe galega; Espazo para celebracións e eventos grandes. Convidámosvos a descubrir a comarca do Ribeiro de Galicia, unha localidade distinguida polos seus viños e o famosísimo prato “polbo á galega”

O noso persoal axudaravos a experimentar un turismo enfocado a gozar plenamente da vida a un ritmo cómodo e relaxante. Falamos español, inglés e ruso.

Contacta e conéctate

Pazo de Vieite

Pazo de Vieite

Na década dos 90, comeza a reconversión dos viñedos do Priorato de Vieite, recuperando as variedades autóctonas da Denominación de Orixe Ribeiro, a máis antiga de Galicia, plantando fundamentalmente a variedade Treixadura. Anos máis tarde, cerca do Priorato inagúrase no 2006 a Bodega Pazo de Vieite S.L. que consta dunha elevada tecnoloxía para elaboración de viños de calidade.

Contacta e conéctate
Visitas

Luns a Vernes:  9.00 a 13.00 h y 15.00 a 19.00 h. Sempre con cita previa. Prezo: 10€ persoa.


Contacta

Praza Maior, S/N
32400 Ribadavia, Ourense

Teléfono: 988 47 71 00
Correo: ruta@rutadelvinoribeiro.com

Conéctate

 

Política de Cookies
Usamos cookies para mellorar a súa experiencia mentres usamos o noso sitio web. Se está a usar os nosos Servizos a través dun navegador pode restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies a través da configuración do seu navegador web. Tamén empregamos contido e guións de terceiros que poidan usar tecnoloxías de seguimento. Podes fornecer o teu consentimento a continuación para permitir este tipo de terceiros. Para obter información completa sobre as cookies que usamos, os datos que recollemos e como os procesamos, consulte o noso Política de Cookies
Youtube
Acepta mostrar o contido de - Youtube
Vimeo
Acepta mostrar o contido de - Vimeo
Google Maps
Acepta mostrar o contido de - Google