Primavera de Portas Abertas na Ruta do viño do Ribeiro 2026
PRIMAVERA DE PORTAS ABERTAS 2026 na Ruta do Viño do Ribeiro
A fin de semana do 5 ao 7 de xuño chega unha nova edición da Primavera de Portas Abertas na Ruta do Viño do Ribeiro, chea de actividades e experiencias para disfrutar do enoturismo no Ribeiro.

Volve ao Ribeiro esta cita anual para os amantes do Enoturismo:
Vistas guiadas e gratuítas ás adegas participantes nesta promoción.
RESTAURANTES onde poderás escoller entre dous menús concibidos especialmente para esta ocasión.
ALOXAMENTOS con ofertas especiais para as vosa estancia.


E tamén un programa especial de actividades: Buses do viño, catas comentadas, visitas a museos, roteiros monumentais, sendeirismo, música en directo, e outras accións relacionadas co mundo do viño.
*Co fin de respectar os aforos previstos, as prazas son limitadas.
**Todas as actividades precisan de inscrición previa para participar nelas.
Tedes aquí o Programa completo en FORMATO PDF e tamén toda a INFORMACIÓN detallada na web de Turismo de Galicia.
VENDA DE ENTRADAS para o VIÑO BUS, na WEB de A Taquilla.


** AS ENTRADAS PARA AS DIFERENTES ACTIVIDADES ESTÁN DISPONIBLES NA WEB DE A TAQUILLA.





** A organización resérvase o dereito para modificar o programa ou as actividades en función da dispoñibilidade dos espazos e establecementos a visitar, así como o dereito a anular algunha das actividades ou roteiros do bus en caso de non chegar a un mínimo de 10 participantes. Tamén poderanse anular actividades por cuestións meteorolóxicas ou doutra índole que non fagan posible a realización da actividade programada.
