Esta mañá presentouse no Centro Cultural Marcos Valcárcel, centro dependente da Deputación Provincial de Ourense, o programa de actividades que a Ruta do Viño do Ribeiro vai desenvolver durante o ano 2019 e que vai amparado baixo a marca “O CAMIÑO DO VIÑO. RUTA DO VIÑO DO RIBEIRO”.

A presentación contou coa asistencia do Presidente da Deputación Provincial, José Manuel Baltar Blanco e co Presidente da Asociación Ruta do Viño do Ribeiro e do Consello Regulador da D.O. P. Ribeiro,  Juan Manuel Casares, estas institucións colaborarán na execución deste programa de actividades xunto co Xeodestino O Ribeiro-Carballiño, presidida por Francisco José Fernández Pérez.Read More