O Camiño do Viño

Cando bebas un Ribeiro, non só estás a consumir un produto de alta calidade, senón que estás a degustar séculos de historia e tradicións; o froito dunha paisaxe modelada a través dos séculos.

Contáctanos
paisaxe modelada a través dos séculos

A Ruta do Viño do Ribeiro

A Asociación Ruta do Viño Ribeiro foi creada no ano 2007 coma unha entidade destinada á promoción do territorio ribeirán e os seus recursos cunha finalidade turística.

Conta tamén cunha activa participación pública representada por 10  concellos (A Arnoia, Boborás, Carballiño, Castrelo de Miño, Cenlle, Leiro, Ourense, Ribadavia, San Amaro e Toén) así como o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro que ostenta a presidencia

Tradición milenaria

A Denominación de Orixe

Tradicionalmente, no territorio da D.O. Ribeiro ten unha gran relevancia o saber facer do viticultor. Actualmente, están rexitrados uns 5.500 que, xunto con 115 adegas e colleiteiros representan a estrutura produtiva da denominación.

Cunhas 2.500 hectáreas de viñedo e unha produción media de 14 millóns de quilos de uva, Ribeiro é unha denominación de orixe caracterizada pola súa grande parcelación e diversificación. Un patrimonio vitivinícola que representa a esencia galega pola súa paisaxe, territorio e factor humano.

Estamos moi pertiño de Ourense.

Desde a Estación Intermodal de Ourense encontraredes diferentes opcións para desprazarvos ata o Ribeiro e disfrutar dun Enoturismo sostible e de calidade.

Alquiler de coches: Enterprise, Avis, Europcar.

Taxis: Praza da Estación s/n | 988 213 855

Autobús: empresa Mombus, varias frecuencias horarias. Tempo de traxecto: 25 minutos.  

Tren rexional: empresa Renfe. Saída ás 10:05 desde Ourense. Chegada a Ribadavia ás 10:24.

“Un groliño de tostado Ribeiro é sol nos salgueiros e nas parreiras dos teus ollos”

Ramón Otero Pedrayo

O desengano do prioiro

Contacta

Praza Maior, S/N
32400 Ribadavia, Ourense

Teléfono: 988 47 71 00
Correo: ruta@rutadelvinoribeiro.com

Conéctate

 

Política de Cookies
Usamos cookies para mellorar a súa experiencia mentres usamos o noso sitio web. Se está a usar os nosos Servizos a través dun navegador pode restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies a través da configuración do seu navegador web. Tamén empregamos contido e guións de terceiros que poidan usar tecnoloxías de seguimento. Podes fornecer o teu consentimento a continuación para permitir este tipo de terceiros. Para obter información completa sobre as cookies que usamos, os datos que recollemos e como os procesamos, consulte o noso Política de Cookies
Youtube
Acepta mostrar o contido de - Youtube
Vimeo
Acepta mostrar o contido de - Vimeo
Google Maps
Acepta mostrar o contido de - Google