XORNADAS DE PORTAS ABERTAS 2022 na Ruta do Viño do Ribeiro

A  fin de semana do 13 ao 15 de maio chega unha nova edición das Xornadas de Portas Abertas na ruta do Viño do Ribeiro, cheas de actividades e experiencias para disfrutar do enoturismo no Ribeiro.

Volve ao Ribeiro esta cita anual para os amantes do Enoturismo:

Vistas guiadas e gratuítas ás adegas participantes nesta promoción.

Restaurantes onde poderás escoller entre dous menús concibidos especialmente para esta ocasión.

E tamén un programa especial de actividades: Bus do viño, catas comentadas, visitas a museos, rutas monumentais, paseos en barca, descontos en aloxamentos e outras accións relacionadas co mundo do viño.

**A fin de respectar os aforos previstos, as prazas son limitadas. Todas as actividades precisan de inscripción previa para participar nelas**

Tedes aquí o Programa completo en formato PDF

 

VENDA DE ENTRADAS PARA O VIÑO BUS e certas actividades, na páxina de A Taquilla.

 

** Imprescindible asinar e entregar á organización:
– Autorización para a publicación de imaxes (menores, se é o caso, e persoas adultas).

Consentimento Imaxes adultos 

Consentimento Imaxes menores

**A organización resérvase o dereito a modificar o programa ou as actividades en función da dispoñibilidade dos espazos e establecementos a visitar, así como o dereito a anular algunha das actividades ou rutas do bus en caso de non chegar a un mínimo de 10 participantes. Tamén se poderán anular actividades por cuestións meteorolóxicas, e as medidas hixiénico-sanitarias derivadas da crise da covid 19.