PRIMAVERA DE PORTAS ABERTAS 2024 na Ruta do Viño do Ribeiro

A fin de semana do 17 ao 19 de maio chega unha nova edición das Xornadas de Portas Abertas na Ruta do Viño do Ribeiro, cheas de actividades e experiencias para disfrutar do enoturismo no Ribeiro.

Primavera Portas Abertas Ribeiro

Volve ao Ribeiro esta cita anual para os amantes do Enoturismo:

Vistas guiadas e gratuítas ás adegas participantes nesta promoción.

Restaurantes onde poderás escoller entre dous menús concibidos especialmente para esta ocasión.

E tamén un programa especial de actividades: Bus do viño, catas comentadas, visitas a museos, roteiros monumentais, sendeirismo, paseos en EcoBarco, descontos en aloxamentos e outras accións relacionadas co mundo do viño.

*Co fin de respectar os aforos previstos, as prazas son limitadas.

**Todas as actividades precisan de inscrición previa para participar nelas.

Tedes aquí o Programa completo en FORMATO PDF e tamén toda a INFORMACIÓN detallada na web de Turismo de Galicia.

 

VENDA DE ENTRADAS para o VIÑO BUS na WEB de A Taquilla (Pincha no enlace).

Viño Bus Ribeiro 1

Viño Bus Ribeiro

 

VENDA DE ENTRADAS para certas ACTIVIDADES na WEB de A Taquilla (Pincha no enlace).

Sabado de tapeo 2024

Ribeiro, viño, igrexas

 

** Para participar en calquera visita ou actividade, é imprescindible asinar e entregar á organización:
– Autorización para a publicación de imaxes (menores, se é o caso, e persoas adultas).

Consentimento Imaxes adultos 

Consentimento Imaxes menores

 

** A organización resérvase o dereito para modificar o programa ou as actividades en función da dispoñibilidade dos espazos e establecementos a visitar, así como o dereito a anular algunha das actividades ou roteiros do bus en caso de non chegar a un mínimo de 10 participantes. Tamén poderanse anular actividades por cuestións meteorolóxicas ou doutra índole que non fagan posible a realización da actividade programada.