Primavera de Portas Abertas na Ruta do viño do Ribeiro 2023
PRIMAVERA DE PORTAS ABERTAS 2023 na Ruta do Viño do Ribeiro
A fin de semana do 12 ao 14 de maio chega unha nova edición das Xornadas de Portas Abertas na Ruta do Viño do Ribeiro, cheas de actividades e experiencias para disfrutar do enoturismo no Ribeiro.
Volve ao Ribeiro esta cita anual para os amantes do Enoturismo:
Vistas guiadas e gratuítas ás adegas participantes nesta promoción.
Restaurantes onde poderás escoller entre dous menús concibidos especialmente para esta ocasión.
E tamén un programa especial de actividades: Bus do viño, catas comentadas, visitas a museos, roteiros monumentais, sendeirismo polo Camiño do Viño, paseos en barca, descontos en aloxamentos e outras accións relacionadas co mundo do viño.
*Co fin de respectar os aforos previstos, as prazas son limitadas.
**Todas as actividades precisan de inscrición previa para participar nelas.
Tedes aquí o Programa completo en FORMATO PDF e tamén toda a INFORMACIÓN detallada na web de Turismo de Galicia.
VENDA DE ENTRADAS para o VIÑO BUS na WEB de A Taquilla (Pincha no enlace).
VENDA DE ENTRADAS para certas ACTIVIDADES na WEB de A Taquilla (Pincha no enlace).
** Imprescindible asinar e entregar á organización:
– Autorización para a publicación de imaxes (menores, se é o caso, e persoas adultas).
** A organización resérvase o dereito para modificar o programa ou as actividades en función da dispoñibilidade dos espazos e establecementos a visitar, así como o dereito a anular algunha das actividades ou roteiros do bus en caso de non chegar a un mínimo de 10 participantes. Tamén poderanse anular actividades por cuestións meteorolóxicas ou doutra índole que non fagan posible a realización da actividade programada.