Ribadavia
Ribadavia, concello que destaca polo seu interesante patrimonio histórico-artístico e polas súas festas e tradicións, que o converten nun deses lugares máxicos que hai que visitar.
Situado ao suroeste da provincia de Ourense, é o corazón da comarca do Ribeiro. Atópase a beiras do rio Avia, afluente do Miño, do cal deriva o seu nome: “Riba do Avia”, que significa “encima do Avia”.
Podemos destacar o Casco Vello, o castelo dos Sarmiento, o Barrio Xudeo, un dos máis relevantes de España, e a zona fluvial da A Veronza. Ribadavia é unha vila onde disfrutar da gastronomía e dos bos viños da D.O. Ribeiro.
Castrelo de Miño
Cenlle
Leiro
O Concello de Leiro vertébrase en torno ao río Avia, deixando fermosas paisaxes nas súas ribeiras, e onde destaca a praia fluvial e paseo do Salgueiral, dun dos seus atractivos.
O seu patrimonio cultural e histórico é un dos seus reclamos, destacando o Hotel Monumento Mosteiro de San Clodio, a ponte medieval e as igrexas parroquiais. Tamén é un territorio cheo de viñedos, con destacadas adegas e colleiteiros.
San Amaro
O concello de San Amaro aglutina natureza, cultura e patrimonio. Un fermoso territorio onde perderse facendo unha ruta de senderismo ou visitando lugares máxicos cheos de historia.
Podemos destacar o Parque arqueolóxico de San Cibrao de Lás, declarado BIC en 2025, a ermita de San Trocado nun outeiro privilexiado sobre o val do Miño, e numerosas igrexas parroquiais como a de Salamonde, San Fiz de Navío, ou Santa María das Neves de Grixoa.
Boborás
Boborás é un lugar, entre o Ribeiro e o Paraño, regado polos ríos Avia, Arenteiro, Viñao…entre outros, onde a natureza ten sons, ten vida, e a historia adiviñase e intúese en cada pedra, en cada monumento.
Pazos, pontes medievais, igrexas románicas e barrocas, castros, mámoas, restos de torres, eiras, horreos, cruceiros…forman parte da nosa riqueza arquitectónica. Por destacar unha obrigada visita, o conxunto histórico de Pazos de Arenteiro e o Pozo dos fumes serían os elexidos.
Web: http://boboras.gal/







































