Val de Souto
A nosa Adega de Colleiteiro goza dunha longa tradición familiar, onde xeración tras xeración dedicámonos á viticultura desde 1840. Despois de seis xeracións, José Manuel Branco, herda a adega e no ano 2002 decide deixar de vender as uvas que producía, para empezar a elaborar e embotellar o seu propio viño.
No ano 2012, con motivo do décimo aniversario, decidimos dar un paso máis para mellorar a calidade dos nosos viños, combinando a tradición familiar con ultímaa tecnoloxía en elaboración de viños, polo que eliximos unha marca nova para a nosa adega, Val de Souto.
Todos os nosos viños están elaborados con uva de produción propia, onde unha soa persoa, o Colleiteiro José Manuel Branco, encárgase de todo o proceso, desde o coidado da viña, até a elaboración do viño e o seu posterior embotellado.