Terra do Castelo
Terra do Castelo somos unha adega da Denominación de Orixe Ribeiro fundada en 2.004 por 104 familias viticultoras, que temos unhas 110 hectáreas repartidas en máis de 1.000 viñedos, dos cales, uns 800 viñedos son herdados xeración tras xeración nunha rexión con máis de 2.200 anos de tradición vitivinícola.
Elaboramos viños de gama alta, apostando unicamente pola calidade das variedades autóctonas (Treixadura, Godello Torrontés, Loureira, Albariño, Mencía, Caiño, Sousón, Brancellao, Ferrón…) dos nosos antigos viñedos situados nas mellores zonas do Ribeiro (val do Avia , val do Miño e val do Arnoia).
Por iso, a nosa adega atópase en Beade, posiblemente a zona máis importante desta denominación de orixe e os nosos viñedos atópanse principalmente no val do Avia “val do ouro” a zona máis importante historicamente de viños de máxima calidade do Ribeiro.
Por ser adega nova sabemos que a única forma para introducirse no mercado é máxima calidade e prezos competitivos.
Por iso en canto a calidade temos medallas nos concursos de viño máis prestixiosos a nivel autonómico, nacional e internacional. Medallas de ouro (Decanter World Wine Awards, Concours Mondial Bruxelles, Challenge International du Vin, Iberwine, Cinve…) medallas de prata (Mundus Vini, China wine awards, Bacchus, Cata dos viños de Galicia…) mellor veu branco de España até 3,5€ Exworks Prowein 2.015, até 8€ Exworks Prowein 2.016…
Somos unha do catro únicas adegas que se atreven a elaborar viño tostado e unha das primeiras adegas de España en conseguir o certificado Q de calidade turística visitas guiadas.
As 104 familias viticultoras fundadoras de Terra do Castelo, queremos agradecerlle a súa confianza. Traballar, coidar e respectar o rural galego sería imposible sen vostede. Gozar do viño con moderación.