Priorato de Razamonde
PRIORATO DE RAZAMONDE nace do esforzo e dedicación dunha familia para recuperar antigos viños do RIBEIRO, tan afamados pola súa calidade no pasado, querendo devolverlle o lugar e recoñecemento que se merecen.
O noso viño é unha homenaxe á tradición secular do RIBEIRO e aos seus métodos artesanais baseados no traballo e o esforzo.
Na nosa adega “non ofrecemos un viño máis, senón outro, ALTER”.
As nosas Adegas están situadas en pleno corazón do Ribeiro, a beiras do Río Miño, e son o resultado de varias xeracións dedicadas por completo ao cultivo da vide.
O que nun principio era un pequeno viñedo familiar que apenas alcanzaba unha hectárea de superficie, terminou converténdose nunha adega renovada grazas a un proceso de concentración de parcelas que ten un patrimonio rústico de 28 hectáreas.
Sen dúbida, a clave da nosa renovación pasou por un regreso ás orixes, para o que se replantaron as variedades de uvas antigas que deran gran fama por Europa aos viños da rexión no século XVI. Ademais, a esta tradición centenaria, engadímoslle a modernidade das mellores técnicas para a produción e conservación do viño. Renovamos totalmente o equipo da adega para que o aceiro inoxidable e as madeiras de carballo convertésense nos únicos elementos necesarios para fermentar a maxia da uva.
Deste xeito, arraigados na tradición e renovados en espírito, en 2012 demos o salto ao mercado baixo a dirección técnica do enólogo Pablo Estévez co firme obxectivo de compartir co mundo as experiencias dun Ribeiro que levanta sensacións nos padais máis esixentes.
Contacta e conéctate
Luns a venres de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00.
Sábados, domingos e festivos con cita previa.