Licores Os Maios

O proxecto “licores artesanais” naceu dunha afición común que temos dende fai anos dúas amigas: a elaboración con base de augardente de licores tradicionais galegos.

Recopilamos receitas populares, algunhas de moita tradición como o licor café e a augardente de herbas, e outras menos coñecidas pero recollidas do saber popular, como a do licor de folla de figueira, licor de canela… e as máis innovadoras como a da crema de orujo.

Durante anos, elaboramos estes licores artesanais para o disfrute dun grupo reducido de familiares e amigos, que nos animaron a participar no concurso de licores caseiros que se convoca cada ano na famosa e recoñecida Festa da Istoria de Ribadavia, onde obtivemos diferentes premios.

Pouco a pouco, fómonos facendo donas dese saber popular, que xunto cun proceso totalmente artesán e os ingredientes mais naturais, acadou un resultado que segundo persoas catadoras, familiares e amigos, podería ter un alto grado de aceptación no mercado, tan necesitado deste tipo de productos artesáns.

Presentamos agora estes licores á vosa consideración e ofrecémosvolos en botellas decoradas artesanalmente, pintadas a man ou repuxadas en estaño por unha das promotoras desta iniciativa.

 
Contacta e conéctate
  • Mesón do Pardo, 2, 32428 San Clodio, Leiro, Ourense

  • 639 824 715

  • info@licoresosmaios.com

  • licoresosmaios

  • licoresosmaios

Privacy Settings
We use cookies to enhance your experience while using our website. If you are using our Services via a browser you can restrict, block or remove cookies through your web browser settings. We also use content and scripts from third parties that may use tracking technologies. You can selectively provide your consent below to allow such third party embeds. For complete information about the cookies we use, data we collect and how we process them, please check our Privacy Policy
Youtube
Consent to display content from Youtube
Vimeo
Consent to display content from Vimeo
Google Maps
Consent to display content from Google