Granxa D’Outeiro
Situada en Francelos (Ribadavia, Ourense), A Granxa D’Outeiro é unha finca histórica con máis de 850 anos de legado, xa que foi a primeira granxa do Mosteiro de Santa María de Melón (ano 1169). Ocupa unha finca pechada dunhas 6 hectáreas, entre os ríos Outeiro e Miño, rodeada de bosques autóctonos, antigos muros de pedra, fontes, e carreiros.
Dispón de 2,8 hectáreas de viñedo en terrazas, distribuídas en máis de 30 bancales con orientación sur e pendentes de ata 80 metros. Cultivan en exclusiva as sete variedades brancas autóctonas do Ribeiro, con técnicas ecolóxicas e unha viticultura respectuosa coa contorna. O proxecto ofrece visitas guiadas, catas personalizadas, estancias no hotel rural e alugueiro de espazos para eventos.
É posible percorrer os viñedos, coñecer a antiga adega e gozar de catas en terrazas con vistas ao val do Miño. O hotel boutique conta con 10 cuartos dobres, piscina infinita, terraza, e servizos exclusivos para hóspedes e grupos privados.
Contacta e conéctate
Enoturismo: 658 834 635
Horarios de visita
Luns a venres de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00.
Solo con cita previa e condicionado a cumplir aforo (mínimo 12 personas).