Celme
Somos Dori e Jorge, dous enxeñeiros de formación que decidimos dar un xiro ás nosas vidas para convertir a nosa paixón no noso proxecto vital. Celme, a nosa adega nace no ano 2016 na D.O. Ribeiro na parroquia de Astariz (Castrelo de Miño). Os nosos viños son o resultado dun traballo minucioso e respetuoso co medio ambiente, utilizando exclusivamente castes autóctonas para elaborar viños de excelente calidade.
Contacta e conéctate
Visitas
De luns a domingo, con cita previa. Prezo: visita + cata 14,5€