Arnoia Caldaria
Xunto aos ríos Miño e Arnoia, entre montes e bosques, rodeado de xardíns, é o lugar idóneo para gozar de Saúde, Natureza e Descanso.
A catro quilómetros da vila histórica de Ribadavia e próximo ás principais cidades galegas.
O hotel ten 89 habitacións, todas exteriores, algunhas delas
dispoñen dunha agradable terraza.
Todas están perfectamente equipadas para unha estancia cómoda e agradable.
O noso balneario ofrece ao visitante a indescritible sensación de gozar dun tratamento terapéutico no medio da natureza.