A Ruta do viño do Ribeiro convídavos a celebrar o Día Mundial do Turismo Gastronómico.
Este evento tan especial chega o próximo 18 de abril, a data que escolleu a “A World Food Travel Association ( WFTA) para convidar aos viaxeiros de todo o mundo, en especial aos amantes da gastronomía, así como aos sectores do turismo e a hostalería, a unirse e celebrar xuntos o Día Mundial do Turismo Gastronómico (World Food Travel).
A conmemoración deste día, estableceuse en 2019 co obxectivo de resaltar o feito de viaxar a fin de experimentar a variada e rica gastronomía do noso planeta, tanto para os consumidores como para o sector de maneira xeral. Así mesmo, proponse apoiar a misión de WFTA: preservar e promover as culturas culinarias a través da hostalería e o turismo.
Neste ano 2020, dada as circunstancias especiais nas que se atopa o sector ante a alerta sanitaria intenacional e as condicións de confinamento existentes, a convocatoria faise para celebrar este Día Mundial do Turismo Gastronómico, desde a nosa casa. Compartindo os nosos pratos preferidos, as nosas maridaxes para acompañalos, e en xeneral todas as experiencias gastronómicas que poidamos celebrar.
Unídevos a esta celebración, e que non falte Ribeiro.
Desde a Ruta do viño do Ribeiro propoñémosvos que disfrutedes dos bos produtos da despensa galega, e os seus pratos tradicionais. Qué vos parece un pulpo á feira, ou unha carne ao caldeiro, un peixe á galega, un xarrete estofado ou tamén unas filloas.
Hai moitas opcións na Cociña galega, e de seguro que tedes o voso prato preferido para ocasións especiais. E para a maridaxe, non pode faltar un viño do Ribeiro, xa sexa branco ou tinto. Un viño de calidade, que vos vai a conquistar e que fará eses momentos na mesa todavía máis especiais.
Participar é moi sinxelo.
- Marcade o 18 de abril no calendario.
- Nesa data, publicade fotos, vídeos, historias, nas vosas contas de redes sociais, dunha experiencia gastronómica na casa.
- Usade os hastags: #WorldFoodTravelDay #DiaMundialTurismoGastronomico
- Que non faltes os vosos pratos e tampouco un viño do Ribeiro.
O obxectivo é acadar moitos “likes” e moita difusón desta celebración internacional, que aínda que sexa na casa, nos sirva de excusa para disfrutar dunha boa comida ou cena, e axudar a levar un pouco mellor esta situación de confinamento.
Pode obter máis información sobre o Día Mundial do Turismo Gastronómico, podedes visitar a páxina web da “World Food Travel Association”.