BASES LEGAIS DA PARTICIPACIÓN NA PROMOCIÓN “EXPERIENCIA RIBEIRO”

1.- EMPRESA ORGANIZADORA DA PROMOCIÓN.
Asociación Ruta do viño do Ribeiro con domicilio na Praza Maior s/n de Ribadavia, Ourense e C.I.F G32367211 organiza con fins promocionais o sorteo (en diante, “a Promoción”) de ámbito nacional, a desenvolver a través de Internet, exclusivo para usuarios residentes en España e maiores de idade de acordo co disposto no apartado de condicións para participar.

2.-DATA DE INICIO E DATA DE FINALIZACIÓN.
A Promoción iniciarase ás 10:00 horas do día 14 de decembro e finalizará o día 21 de decembro ás 23:59 horas. Ano 2021.
Convocaranse 2 premios en total, un na rede social Facebook e outro na rede social Instagram, e cuios gañadores comunicaranse o día 22 de decembro, nos perfís oficiais da Ruta do viño do Ribeiro.
A convocatoria do concurso estará activa 7 días desde o momento da súa publicación.

3.- REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN E MECÁNICA DA PROMOCIÓN.
Os requisitos de participación serán os seguintes:
Poderán participar, de forma gratuita e voluntaria, aquelas persoas que residan en España, sexan maiores de 18 anos, e que sexan usuarios/as rexistrados/as na rede social Facebook / Instagram cun único usuario real.
A mecánica da Promoción en Facebook e Instagram consiste en deixar un comentario nas publicacións correspondentes á participación nesta promoción “experiencia ribeiro”.
Non poderán participar nesta promoción os traballadores da Asociación Ruta do viño do Ribeiro, nin os seus familiares de primeiro grao, así como os proveedores relacionados con esta entidade.
Repartirase un total de 2 premios non acumulativos. Cada gañador só poderá ser premiado unha vez (se resulta gañador na rede social Facebook non poderá volver ser gañador na rede social Instagram).

4.- CONDICIÓNS DA PROMOCIÓN E PREMIOS.
Elixiranse aleatoriamente 2 gañadores dunha “Experiencia Ribeiro” por valor de 200€ e para dúas persoas, con actividades e productos turísticos entre os establecementos asociados á Asociación Ruta do viño do Ribeiro.
A “Experiencia Ribeiro” consta dun paquete turístico para dúas persoas cos seguintes servizos: cea + aloxamento + visita adega + visita ao Museo do Viño de Galicia.
Do mesmo xeito elixiranse 2 suplentes para o caso no que o gañador/a non responda no prazo de 24 horas a contar desde a data e hora da publicación do resultado do concurso nas contas de redes sociais da Asociación Ruta do viño do Ribeiro e do envío da mensaxe no que se lle comunica que resultou gañador/a.
Poderase gozar do premio no periodo entre o 10 de xaneiro e o 31 de marzo de 2022.

5.- MECÁNICA DA PROMOCIÓN
A selección dos gañadores realizarase dentro das 24 horas seguintes ao peche do sorteo e de forma aleatoria, a través da plataforma Easypromos, entre os/as participantes que:
Comenten nos espacios dispoñibles a tal efecto en Facebook e Instagram, as publicación publicadas o 14 de decembro de 2021 dende os perfis oficiais da Asociación Ruta do viño do Ribeiro na que se anuncia a promoción “Experiencia Ribeiro”.
O concurso realizarase a través dunha publicación en Facebook e Instagram, resultando 2 gañadores (un en Facebook e outro en Instagram) de entre todos os comentarios en ambas redes sociais.

Da mesma forma, elixiranse 2 suplentes para o caso de que o gañador non responda dentro das 24 horas seguintes á data e hora de publicación do resultado do concurso na conta da Asociación Ruta do viño do Ribeiro e do envío da mensaxe no que lle informa que foi gañador.
A Ruta do viño do Ribeiro publicará o/a gañador/a de o concurso na súa conta de Facebook/Instagram e enviará unha mensaxe informándolle do premio e solicitando a súa identificación. O/A gañador/a deberán comunicar a aceptación do premio nas 24 horas seguintes á publicación do gañador/a e envío da mensaxe, mediante a contestación a esa mensaxe ou o envío dun correo electrónico á conta: ruta@rutadelvinoribeiro.com, indicando os seus datos persoais (DNI, nome e dous apelidos), un teléfono de contacto e correo electrónico.

O/A gañador/a autoriza a publicación do seu nome de Facebook / Instagram nas redes sociais da Asociación Ruta do viño do Ribeiro.
Así mesmo, informarase aos demáis elixidos da súa condición de suplentes, solicitando que faciliten un teléfono de contacto directo á mesma dirección de correo electrónico para a súa posterior localización e solicitude de documentación, no seu caso.
Se o gañador non reclama o premio dentro das 24 horas seguintes á data e hora de publicación do resultado do sorteo, entenderase que o rexeita, pasando o premio ao suplente elixido, quen será contactado telefónicamente. Se este tampouco envía a documentación solicitada, o premio pasará a un segundo suplente, e logo a un terceiro, quedando deserto se ningún deles responde.
Estes datos serán utilizados exclusivamente para a comunicación do premio ou para aclarar eventuais continxencias unha vez aceptado.

6.- ACEPTACIÓN
A simple participación implica a aceptación destas bases na súa totalidade. Ao aceptar o premio, o gañador asume todos os gastos nos que incorra, salvo os que expresamente estean incluídos na promoción en cuestión, así como a responsabilidade que se poida derivar da recollida e utilización do devandito premio.

7.- DESCUALIFICACIÓNS E PENALIZACIÓNS
Se se evidenciase que calquera dos participantes non cumpre cos requisitos esixidos nas Bases, ou os datos proporcionados para participar non fosen válidos, a súa participación considerarase nula e quedarán automaticamente excluídos da Promoción perdendo todo dereito sobre os premios outorgados en virtude desta Promoción.
A Asociación Ruta do viño do Ribeiro resérvase o dereito para excluír automática e inmediatamente da mesma a calquera participante que transgreda as normas da boa fe, observe unha conduta inadecuada, empregue medios fraudulentos ou incumpra estas Bases.

8.- PUBLICACIÓN DE COMENTARIOS OU OPINIÓNS
Non se permitirán comentarios ou opinións cuxo contido se considere inadecuado, que sexan ofensivos, inxuriosos ou discriminatorios ou que puidesen vulnerar dereitos de terceiros. Tampouco se permitirán comentarios contra un particular que vulneren os principios de dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe. Non nos responsabilizaremos dos danos ocasionados polos comentarios que fagan os participantes na Promoción, e que en calquera momento puidesen ferir a sensibilidade doutros participantes.

9.- EXONERACIÓN DE RESPONSABILIDADE
A título enunciativo, pero non limitativo, non nos responsabilizamos das posibles perdas, roubos, atrasos ou calquera outra circunstancia imputable a terceiros que poidan afectar o desenvolvemento da presente Promoción, así como tampouco nos responsabilizamos do uso que faga o participante respecto do premio que obteña desta Promoción.
Non asumimos a responsabilidade en casos de forza maior ou caso fortuíto que puidesen impedir a realización da Promoción ou o goce total ou parcial do premio.

10.- FACEBOOK
A promoción non está patrocinada, avalada, administrada nin asociada de ningún xeito a Facebook, polo que os participantes liberan a esta de toda responsabilidade polos eventuais danos que se deriven da mesma.

11.- INSTAGRAM
Instagram non patrocina, avala nin administra de modo algún esta promoción, nin está asociado a ela. O usuario desvincúlase totalmente de Instagram, e é consciente de que está a proporcionar a súa información a Asociación Ruta do viño do Ribeiro e non a Instagram.

12.- PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS
De conformidade co establecido no Reglamento Xeral de Protección de Datos (UE 2015/679) e da Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoales e Garantía dos Dereitos Dixitais, informamos que a entidade responsable do tratamento é Asociación Ruta do viño do Ribeiro con domicilio na Praza Maior s/n de Ribadavia, Ourense e C.I.F G32367211.
Cada participante coa aceptación destas bases legais e participación no sorteo consente que os seus datos persoais podan ser utilizados para a xestión do sorteo.
Informámoslle que pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación, oposición, limitación do tratamiento e portabilidad mediante o envío dun correo electrónico a ruta@rutadelvinoribeiro.com ou ben mediante carta dirixida ó seguinte enderezo: Asociación Ruta do viño do Ribeiro con domicilio na Praza Maior s/n de Ribadavia, 32400 Ourense e C.I.F G32367211, achegando en ambos os casos copia do DNI.

13.- CAMBIOS
Reservámonos o dereito de modificar ou ampliar estas bases, na medida que non prexudique ou menoscabe os dereitos dos participantes na Promoción.

14.-FISCALIDADE
A celebración do previsto sorteo, así como a concesión do premio quedan suxeitos á normativa fiscal vixente.
15.- LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN
Estas bases legais rexeranse de conformidade coa lei española. Serán competentes para resolver calquera reclamación ou controversia que puidese exporse en relación coa validez, interpretación ou cumprimento destas bases os Xulgados e Tribunais da vila de Ribadavia.

Contacta

Praza Maior, S/N
32400 Ribadavia, Ourense

Teléfono: 988 47 71 00
Correo: ruta@rutadelvinoribeiro.com

Conéctate

 

Política de Cookies
Usamos cookies para mellorar a súa experiencia mentres usamos o noso sitio web. Se está a usar os nosos Servizos a través dun navegador pode restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies a través da configuración do seu navegador web. Tamén empregamos contido e guións de terceiros que poidan usar tecnoloxías de seguimento. Podes fornecer o teu consentimento a continuación para permitir este tipo de terceiros. Para obter información completa sobre as cookies que usamos, os datos que recollemos e como os procesamos, consulte o noso Política de Cookies
Youtube
Acepta mostrar o contido de - Youtube
Vimeo
Acepta mostrar o contido de - Vimeo
Google Maps
Acepta mostrar o contido de - Google
PortasAbertasRutas-1