O´Birrán
Este gastrobar, dota a Ribadavia dunha estupenda gastronomía tradicional evolucionada, en pleno barrio xudeu. Situado nun lugar emblemático como é a Praza da Madalena. Algúns dos pratos estrela neste local de Ribadavia son o polbo con queixo de tetilla ou a ‘foccacia’ de lacón asado. Tradición e vangarda desde hai máis de dez anos.


