Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the tatsu domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /var/www/vhosts/rutadelvinoribeiro.com/httpdocs/wp-includes/functions.php on line 6121

Notice: A función _load_textdomain_just_in_time chamouse de forma incorrecta. A carga da tradución para o dominio oshin activouse demasiado pronto. Isto adoita ser un indicador de que algún código do plugin ou tema se executa demasiado pronto. As traducións deberían cargarse na acción init ou máis tarde. Por favor, visita Depuración en WordPress para máis información. (Esta mensaxe foi engadida na versión 6.7.0) in /var/www/vhosts/rutadelvinoribeiro.com/httpdocs/wp-includes/functions.php on line 6121
Priorato de Razamonde – Ruta do Viño do Ribeiro

Priorato de Razamonde

PRIORATO DE RAZAMONDE nace do esforzo e dedicación dunha familia para recuperar antigos viños do RIBEIRO, tan afamados pola súa calidade no pasado, querendo devolverlle o lugar e recoñecemento que se merecen.

O noso viño é unha homenaxe á tradición secular do RIBEIRO e aos seus métodos artesanais baseados no traballo e o esforzo.

Na nosa adega “non ofrecemos un viño máis, senón outro, ALTER”.

As nosas Adegas están situadas en pleno corazón do Ribeiro, a beiras do Río Miño, e son o resultado de varias xeracións dedicadas por completo ao cultivo da vide.

O que nun principio era un pequeno viñedo familiar que apenas alcanzaba unha hectárea de superficie, terminou converténdose nunha adega renovada grazas a un proceso de concentración de parcelas que ten un patrimonio rústico de 28 hectáreas.

Sen dúbida, a clave da nosa renovación pasou por un regreso ás orixes, para o que se replantaron as variedades de uvas antigas que deran gran fama por Europa aos viños da rexión no século XVI. Ademais, a esta tradición centenaria, engadímoslle a modernidade das mellores técnicas para a produción e conservación do viño. Renovamos totalmente o equipo da adega para que o aceiro inoxidable e as madeiras de carballo convertésense nos únicos elementos necesarios para fermentar a maxia da uva.

Deste xeito, arraigados na tradición e renovados en espírito, en 2012 demos o salto ao mercado baixo a dirección técnica do enólogo Pablo Estévez co firme obxectivo de compartir co mundo as experiencias dun Ribeiro que levanta sensacións nos padais máis esixentes.

Contacta e conéctate

Luns a venres de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00.

Sábados, domingos e festivos con cita previa.

Contacta

Praza Maior, S/N
32400 Ribadavia, Ourense

Teléfono: 988 47 71 00
Correo: ruta@rutadelvinoribeiro.com

Conéctate

 

Política de Cookies
Usamos cookies para mellorar a súa experiencia mentres usamos o noso sitio web. Se está a usar os nosos Servizos a través dun navegador pode restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies a través da configuración do seu navegador web. Tamén empregamos contido e guións de terceiros que poidan usar tecnoloxías de seguimento. Podes fornecer o teu consentimento a continuación para permitir este tipo de terceiros. Para obter información completa sobre as cookies que usamos, os datos que recollemos e como os procesamos, consulte o noso Política de Cookies
Youtube
Acepta mostrar o contido de - Youtube
Vimeo
Acepta mostrar o contido de - Vimeo
Google Maps
Acepta mostrar o contido de - Google