Qué visitar

Museo do Viño de Galicia

O Museo do Viño de Galicia é un museo de titularidade autonómica que ten como finalidade a de recuperar, documentar, conservar e difundir o patrimonio cultural vitivinícola de Galicia para o coñecemento, a aprendizaxe e o gozo da cidadanía, en xeral, e o aproveitamento e a consulta dos/as investigadores/as e estudosos/as do universo vitivinícola, en particular.

A exposición percorre as tres plantas deste edificio singular construído no século XVIII como casa de priorado para explotación vitícola dependente do Mosteiro de San Martiño Pinario de Santiago de Compostela e convertido tras a desamortización de Mendizábal en casa reitoral de Santo André de Camporredondo.

Localización

Santo André de Camporredondo, s/n
32415 Ribadavia

Coordenadas: 42°19’16.5″N 8°06’33.0″W
Museo Etnolóxico

Concebido por Manuel Chamoso Lamas, nun principio funcionou como sección etnográfica do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

Actualmente ten un carácter independente. Ocupa o Pazo de Baamonde ou Casa da Fundación Martín Vázquez. Os seus fondos etnográfi cos son de carácter provincial e conta ademais co Fondo Jesús Sánchez Orriols “Chucho”, o Fondo Rubén García Álvarez, o Fondo Meruéndano e un interesante arquivo fotográfico. Ofrece tamén exposicións temporais, a maioría de produción propia, con contido etnográfico.

Localización

Rúa de Santiago 10
32400  Ribadavia – Ourense

Coordenadas:42º 17′ 18.6″ N – 8º 08′ 32.1″ W
Museo Sefardí

Este espazo cultural amosa a historia dos xudeos en Galicia ao longo dos séculos; as comunidades galegas, vivencias, relacións sociais, oficios, relixión e convivencia antes e despois da expulsión, así coma o proceso inquisitorial que sufriron os xudaizantes. O centro está situado no Pazo dos Condes de Ribadavia, un edificio do século XVII.

Localización

Praza Maior 7

32400  Ribadavia

Coordenadas: 42º 17′ 14.8″ N – 8º 08′ 35.7″ W
Teléfono:+34 988 471 275
Castro de San Cibrao de Lás

O Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa ofrece as claves que nos permiten descubrir a cultura castrexa en Galicia a través dos seus asentamentos: os castros. Ademais, alberga todos os servizos necesarios para a investigación e conservación do xacemento de San Cibrao de Las e, en especial, para a difusión do mesmo.

Localización

Punxín | San Amaro

Coordenadas: 42º 21′ 35.8″ N – 8º 01′ 52.3″ W
Tel: 9688267285
Pena Corneira

Pena Corneira situada no municipio de Leiro, acada os 675 m. Desde a distancia, é facilmente distinguible grazas a unha pena alongada e disposta en vertical, que a coroa e dá nome. Algúns cren ver nela a silueta dun unicornio.

O “menhir” do Ribeiro

O corno de pedra duns dez metros en vertical érguese sobre outros grandes pelouros para asomar íntegro entre a vexetación. Deste xeito, Pena Corneira constitúe o referente visual desde case calquera punto do val do Avia, na comarca vitivinícola do Ribeiro. Acompáñano ademais moitos outros penedos de curiosa feitura ou combinación. Entre eles predominan os bolos de formas arredondadas, amontoadas, corredores entre paredes pétreas, pías e outras formas erosivas. Todo isto nunha paisaxe de media montaña que conserva ademais a súa cuberta vexetal autóctona en moitas partes.

Localización

Avión | Carballeda de Avia | Leiro

Coordenadas: 42º 21′ 51.4″ N – 8º 10′ 57.3″ W
Castro de Santa Lucía

Poboado fortificado galaico-romano habitado desde o cambio de era ata a época tardo-antiga (ss. I-VII d.C.). No s. XVIII construíuse unha capela adicada a Sta. Lucía, actualmente desaparecida, que é a que lle dá nome ao castro.

As escavacións arqueolóxicas emprendidas desde 2016 teñen descuberto diversas construcións de raíz indíxena (cabanas circulares castrexas) e romana (muros e rebaixes en ángulo recto), destacando especialmente un lagar rupestre de cronoloxía inequivocamente romana.

Tamén hai que subliñar os valores naturais e paisaxísticos do sitio, con inmensos bolos graníticos na croa (penedo de Sta. Lucía), vexetación autóctona de bocarribeira (carballos, loureiros, érvedos, silvardeiras) e impresionantes vistas sobre o Miño.

+34 988 471 275
Privacy Settings
We use cookies to enhance your experience while using our website. If you are using our Services via a browser you can restrict, block or remove cookies through your web browser settings. We also use content and scripts from third parties that may use tracking technologies. You can selectively provide your consent below to allow such third party embeds. For complete information about the cookies we use, data we collect and how we process them, please check our Privacy Policy
Youtube
Consent to display content from Youtube
Vimeo
Consent to display content from Vimeo
Google Maps
Consent to display content from Google