Festa da Istoria 2019

Xa está dispoñible o programa de actividades da Festa dá Istoria 2019. Como en anteriores edicións, o programa é en grao sumo variado con actividades para todos os públicos. A Festa dá Istoria desenvólvese na vila de Ribadavia (Ourense) os días 30 e 31 de Agosto de 2019.

Descarga AQUÍ o programa en PDF e visita a web da Festa onde podes atopar toda a información e as novidades festadaistoria.com


Festa da Vendima de Leiro

Nova edición do ViñoBus do Ribeiro –  Xeodestino Ribeiro Carballiño O 25 de agosto servicio especial con motivo da Festa da Vendima de Concello de Leiro con saída desde Santiago de Compostela.

O prezo e de 25€ por persoa. Inclúe

  • Autobús ida e volta dende Santiago de Compostela
  • Xantar popular
  • Acompañamento de guía titulado
  • Visita ao Mosteiro de San Clodio
  • Degustación dos viños da ruta presentes na festa
Compra de entradas
Comprar

A Ruta do Viño do Ribeiro aposta por potenciarse coma destino enoturístico

Esta mañá presentouse no Centro Cultural Marcos Valcárcel, centro dependente da Deputación Provincial de Ourense, o programa de actividades que a Ruta do Viño do Ribeiro vai desenvolver durante o ano 2019 e que vai amparado baixo a marca “O CAMIÑO DO VIÑO. RUTA DO VIÑO DO RIBEIRO”.

A presentación contou coa asistencia do Presidente da Deputación Provincial, José Manuel Baltar Blanco e co Presidente da Asociación Ruta do Viño do Ribeiro e do Consello Regulador da D.O. P. Ribeiro,  Juan Manuel Casares, estas institucións colaborarán na execución deste programa de actividades xunto co Xeodestino O Ribeiro-Carballiño, presidida por Francisco José Fernández Pérez.Read More


Contacta

Praza Maior, S/N
32400 Ribadavia, Ourense

Teléfono: 988 47 71 00
Correo: ruta@rutadelvinoribeiro.com

Conéctate