Casal de Armán

A familia González Vázquez, propietarios de Casal de Armán, dan vida no Ribeiro, a denominación de orixe máis antiga de Galicia, a un dos proxectos vinícolas máis peronales e de maior calidade da Comunidade.
Aínda que a tradición do cultivo da vide remóntase catro xeracións atrás, é nos anos 90 cando, coa restauración dun antigo casal do século XVIII, danlle un enfoque máis empresarial.

A paixón e o arraigamento da familia por esta histórica comarca vese reflectida nunha clara aposta pola calidade, tanto dos viños que elaboran, como do hotel rural e o restaurante gastronómico “Sábrego”, que actualmente ocupan as antigas dependencias do Casal de Armán.

Para a elaboración dos seus viños, Casal de Armán utiliza exclusivamente uvas autóctonas do Ribeiro plantadas no val do Avia (a subzona situada máis ao norte do D.O.). A súa filosofía é tratar de reflectir na botella a tipicidade dos viños deste histórico val con chans de composición granítica (sábrego), onde se atopa o Mosteiro de San Clodio.

Coa variedade Treixadura, acompañada en pequenas proporcións de Albariño e Godello, elabora os seus brancos baixo as marcas Casal de Armán e 7 Cotas Branco, e coas tintas Sousón, Caíño Longo e Brancellao elabora Casal de Armán Tinto e 7 Cotas Tinto.

Dous das leiras , na súa parte máis alta, ofrecen un viño que mostra de maneira nítida e elegante as características do lugar onde están plantadas, e é por iso polo que as vinificamos por separado, creando así as marcas Armán Leira Misenhora e Armán Leira Vos Loureiros.

Crearon tamén un viño doce de embriagador aroma e exquisito equilibrio chamado Armán Doce.
Pero aí non termina todo, un proxecto de I+D está en constante procura da excelencia e de novos camiños que poderían nun futuro darnos grandes alegrías.

Contacta e conéctate
  • O Cotiño. Santo André. 32415 Ribadavia

  • 680 979 763

  • info@casaldearman.net

  • www.casaldearman.net

  • Casal de Arman

  • casaldearman

  • casaldearman

Contacta

Praza Maior, S/N
32400 Ribadavia, Ourense

Teléfono: 988 47 71 00
Correo: ruta@rutadelvinoribeiro.com

Conéctate

 

Política de Cookies
Usamos cookies para mellorar a súa experiencia mentres usamos o noso sitio web. Se está a usar os nosos Servizos a través dun navegador pode restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies a través da configuración do seu navegador web. Tamén empregamos contido e guións de terceiros que poidan usar tecnoloxías de seguimento. Podes fornecer o teu consentimento a continuación para permitir este tipo de terceiros. Para obter información completa sobre as cookies que usamos, os datos que recollemos e como os procesamos, consulte o noso Política de Cookies
Youtube
Acepta mostrar o contido de - Youtube
Vimeo
Acepta mostrar o contido de - Vimeo
Google Maps
Acepta mostrar o contido de - Google