Actividades

Visitas nocturnas teatralizadas polo Castelo de Ribadavia

Aforo limitado. Necesaria inscrición.

HORARIO: venres 25 e sábado 26 de maio, ás 22.00 h.

PREZO: 3 € (As persoas aloxadas nos establecementos participantes recibirán unha entrada de balde*)

LUGAR DE SAÍDA: Praza Maior, s/n. Ribadavia. * Promoción suxeita á dispoñibilidade de prazas.

Tickets venres 25 de maio Tickets sábado 26 de maio

Sábado de Tapeo “Con sabor a Ribeiro”

Os restaurantes participantes na VII Xornada de Portas Abertas presentarán unha oferta variada de pinchos que se poderán harmonizar cos viños das diferentes adegas participantes.

Aforo limitado, necesaria inscrición.

HORARIO: sábado 26 de maio ás 20.00 h.

PREZO: 5 €

LUGAR: Igrexa da Madalena, Praza da Madalena, Ribadavia.

Tickets Sábado de Tapeo “con sabor a Ribeiro”

Vincana

Actividade gratuíta dirixida ao público infantil (entre 7 e 11 anos) a través da cal se descubrirán os tesouros da cultura do viño na vila de Ribadavia.

Aforo limitado, necesaria inscrición.

HORARIO: Sábado 26 de maio ás 18.00 h.

LUGAR DE SAÍDA: Praza Maior, Ribadavia.

Máis información e reservas:
Teléfono:
988 477 100
Correo electrónico:
ruta@rutadelvinoribeiro.com

Visita “As chaves do viño en Ribadavia; Chaves, portas, adegas e lagares”

Visita guiada gratuíta. Organizada pola Asociación Amigos do Museo Etnolóxico e do Conxunto Histórico de Ribadavia.

Aforo limitado, necesaria inscrición.

HORARIO: Sábado 26 de maio ás 19.00 h.

LUGAR DE SAÍDA: Praza Maior, Ribadavia.

Máis información e reservas:
Teléfono:
988 471 275
Correo electrónico:
turismo@ribadavia.es

Andaina “As Granxas da orde de San xoan, Roteiro Ribadavia – Beade, o imperio do viño”

A Asociación de Amigos do museo Etnolóxico e co Conxunto Histórico de Ribafavia organiza esta actividade gratuita para todos os públicos. Descubriránse grandes segredos da Cultura do Viño do Ribeiro.

A andaina rematará no Tunel do Viño da igrexa da Madalena.

Necesaria inscrición na Oficina de Turismo de Ribadavia no teléfono: 988 471 275.

HORARIO: domingo 27 de maio de 10.00 h a 13.00 h.

LUGAR DE SAÍDA: Praza Maior, 7. Ribadavia.

Máis información e reservas:
Teléfono:
988 471 275
Correo electrónico:
turismo@ribadavia.es

Paseo a cabalo en CASAL DE ARMÁN

A adega organiza un paseo a cabalo con degustación de viño na súa finca- sempre que a climatoloxía o permita.

Posibilidade de facer o paseo en calesa (para un máximo de cinco persoas).

HORARIO: sábado 26 e domingo 27 de maio ás 11.00 h (duración estimada tres horas)

PREZO: 100 €/persoa.

*Mínimo 4 persoas (agás calesa, 5 persoas).

Máis información e reserva:

Casal de Armán
O Cotiño-San Andrés
32415 Ribadavia (Ourense)
Tel.: 680 979 763
www.casaldearman.net
administracion@casaldearman.net

Visita a Museo Etnolóxico

Visitas gratuitas ás exposicións.
HORARIO: Sábado 26 e domingo 27 de maio en horario de 11.00 h a 14.30 h.

Máis información e reserva:

Museo etnolóxico de Ribadavia
Rúa de Santiago, 10
32400 Ribadavia (Ourense)
Tel.: 988 788 720
http://museos.xunta.gal/gl/etnoloxico-ribadavia
https://museoetnoloxicoribadavia.blogspot.com.es/
mu.etnoloxico.ribadavia@xunta.gal

OFICINA DE TURISMO MUNICIPAL DE RIBADAVIA

Punto de información sobre os viños e viñas do Ribeiro, darase información específica sobre viñas, viños e características vitivinícolas e históricas do Ribeiro.

HORARIO: Sábado 26 e domingo 27 de maio en horario de 10.00 h a 14.30 h e de 16.30 h a 20.00 h.

Máis información:

Oficina Municipal de Turismo
Praza maior, 7
32400 Ribadavia (Ourense)
Tel.: 988 471 275
www.turismoribadavia.com
turismo@ribadavia.es

Concurso en Facebook

Realizaráse o sorteo de 2 billetes dobres para o tren turístico das Rutas dos Viños do Ribeiro-Rías Baixas.

Participa e gaña subindo unha foto da túa asistencia ás “VII Xornadas de Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia” ao Facebook da Ruta do Viño do Ribeiro.

Tríptico (PDF)