Ayuntamiento de Boborás

Lugares de interese:

Conxunto Histórico Artístico de Pazos de Arenteiro
Conxunto de pazos e casas brasonadas rodeadas de viñedos moi ben conservadas, cheas de escudos de armas e construídas con pedras de cantería granítica. Exemplo de arquitectura civil señorial do século XVI.
Pazos de Arenteiro.
42º23’54,49”N 8º8’43,38”W

Igrexa Románica de San Mamede de Moldes
Data de finais do século XII e comezos do XIII, cunha nave rectangular alongada cuberta con bóveda de cañón. A decoración concéntrase na fachada principal e nos aleiros da nave e a ábsida.
Moldes.
42º25’0,40”N  8º7’39,74”W

Igrexa Románica de San Martiño de Cameixa
Data do século XII, consta dunha soa nave e unha ábsida máis unha capela lateral. A decoración concéntrase sobre todo nas portadas principal e lateral.
Cameixa.
42º25’29,75”N  8º9’35,46”W

Igrexa Románica de San Xulián de Astureses
Románico de transición coa influencia do gótico nos arcos que a envolven. Na ábsida gran profusión decorativa con formas de monstros e animais con libros e instrumentos musicais.
Astureses.
42º26’43,16”N  8º6’46,79”W

Contacto

Comentarios