Visita á Ruta do Viño do Ribeiro do periodista Oscar Checa

Escrito por ruta / 5 March, 2016 / , , / 0 Comentarios

A pasada semana, o periodista da Revista Origen Oscar Checa achegouse á Ruta do Viño do Ribeiro para coñecer de cerca á historia e cultura dunha das Denominacións de Orixe máis antigas da península.

Foi unha visita  enoturística xa que este é o eixe principal das súas reportaxes nesta revista, abordando temas de gastronomía, paisaxe, patrimonio e como non, os viños dos territorios que percorre.

A viaxe pola Ruta do Viño do Ribeiro comeza no casco histórico do Concello de Ribadavia da man do técnico municipal de turismo, Antonio, que nos amosa o profundo arraigo da cultura do viño na capital do Ribeiro, visitamos o Castelo dos Sarmiento, a Xudería e a sede do Museo do Viño de Galicia, situada en Santo André de Camporredondo. Unha reitoral do século XVIII que foi a granxa vinícola máis importante do Mosteiro de San Martiño Pinario de Santiago de Compostela.  Despois desta viaxe pola historia do Ribeiro toca degustar a cea que nos ofrece Hotel Balneario Laias Caldaria.  Hoxe descansaremos na Casiña de Papel,una vivienda turístia en el Casco histórico de Ribadavia.

O xoves  a chuvia sorprendeunos no  Parque arqueolóxico da Cultura Castrexa, no Concello de San Amaro. Coa visita guiada ao Castro de San Cibrao de Las e ao Centro de interpretación, descubrimos os enigmas desta cultura e unha etapa fundamental da prehistoria galega. A media mañá chegou a hora de empezar a experimentar en primeira persoa o por qué da calidade dos viños da Denominación de Orixe Ribeiro e para elo nos deprazamos ata a adega Viña Costeira, dende as súas viñas temos unha vista do Ribeiro do Miño e parte do Avia, inmellorable, como inmellorable foi a cata dos viños que nos ofreceron: Viña Costeira, Costeira 68, Tostado de Costeira, na excelente compaña de Tito, Manuel e Luis.

Continuamos cun exquisito xantar no restaurante de Casal de Arman harmonizado co viño blanco da propia adega, 7 Cupos, e Casal de Arman tinto. E despois de probar o viño, nos vamos de visita pola adega acompañados de Javier  que nos explicou o pasado, o presente e o futuro deste proxecto enoturístico da familia González Vázquez.  A tarde levounos a coñecer a Adegas Valdavia, en Cuñas, xa no Concello de Cenlle, onde Alberto comparte con nos  a evolución deste proxecto que foi medrando ao longo dos últimos anos, rematamos a visita cunha cata de Cuñas Davia, Cuñas Davia Barrica e Cuñas Davia Tinto.

Xa caía o sol e a luz e a paisaxe do Ribeiro nos ofrecen imaxes únicas que hai que inmortalizar, pero aínda nos queda a penúltima cita da xornada, un baño nas Termas de Prexigueiro, o escenario non podía ser máis acaído, unha noite fría, pequenas gotas de chuvia e o silencio. E como remate final para esta espectacular xornada de experiencias enoturísticas na Ruta do viño do Ribeiro, Enma Pinal nos preparou no Gastro Bar O Birran unha cea cos mellores produtos da gastronomía galega.

Volvemos a Casal de Armán para descansar entre viñedos.

A mañá do venres comeza coa visita á cidade de Cidade de Ourense. O punto de partida, as Burgas e o Centro de interpretación, alí Ramón nos amosou os vestixos da orixe desta cidade. O itineraio nos leva á Praza Maior e á  Catedral de Ourense e a dar un pequeno paseo pola zona dos viños, con moita afluencia de xente polas noites, sobre todo de primavera e verán.  E de viños seguimos porque a media mañá  vamos a Adega Pazo Casanova, dez hectáreas de viñedo protexidas pola muralla do Pazo do S. XVIII que da nome á adega. De estas plantacións de Treixadura, Albariño, Godello e Loureira se obtén o viño Pazo Casanova que tivemos ocasión de probar.  Esta cata foi o aperitivo para o xantar que nos ofreceu o restaurante Nautico Castrelo de Miño alí nos esperaba Alfredo, da Adega Pousadoiro e Emilio que nos contaron a oferta que o Concello de Castrelo de Miño ten para o turismo e os deportes náuticos. Neste concello podemos atopar varios miradores con vistas espectaculares sobre o Río Miño, como o de Reigoso, que tivemos a sorte de descubrir con Alfredo.

Unha espléndida panorámica sobre o Miño é o primiero que vemos cando chegamos ata a adega Ramón do Casar, con esa imaxe de fondo, Javier nos vai ensinando a adega e a historia do seu pai, Ramón, que emigrou a Venezuela ano 1955 na procura dun soño, que Javier e os seus irmáns convertiron en realidade. Unha historia con final feliz que merece ser celebrado catando Ramón do Casar e Ramón do Casar Treixadura.

Foi un día intenso e agora toca descansar, Eva nos espera na súa casa de turismo rural Casa da Solaina pola mañá visitaremos o seu antigo lagar.

O sábado é a última xornada da visita de Oscar Checa ao Ribeiro, e non dexaremos que se vaia sin coñecer unha das xoias patrimoniais deste territorio Pazos de Arenteiro, no Concello de Boborás, declarado conxunto histórico en 1973. É un placer escoitar a Florentino e Patricia contar a orixe e historia desta aldea medieval. Aquí  podemos admirar numeros pazos e casas señoriais testemuñas do seu glorioso  pasado. Para dinamizar o territorio, dende o concello se levou a cabo a rehabilitación de varios espazos que fomentaron a aparición de negocios de turismo rural como a Aldea Rural de Pazos de Arenteiro.

Deixamos o Ribeiro medieval e nos diriximos á adega Viña Mein, atravensado o Concello de Leiro e o curso do Río Avia. Esta adega, que comeza a súa traxectoria no ano 1988 da man de Javier Alen produce tres marcas de viño, Viña Mein Blanco, Viña Mein Blanco Fermentado en Barrica e Viña Mein Tinto. A oferta enoturística combina nun mesmo espazo a adega e a casa de turismo rural con magníficas vistas ao viñedo.

Chegamos ao final da viaxe pola Ruta do Viño do Ribeiro, pero antes de emprender á volta é necesario relaxarse e tomar folgos. No Hotel Balenario Laias Caldaria son expertos en alonxarnos do estrés, así que, chegamos ao lugar idóneo, e como peche perfecto un excelente xantar no Restaurante Alfonso V.

O itinerio de Oscar Checa, rematou aquí, por esta vez. Quedaron sin visitar moreas, de recursos, de tesouros, de historias, de xentes, de viños… imposible abranguer todo o que este territorio ofrece ao turista. Por iso, ao Ribeiro, sempre vas a volver!!

 

 

Comentarios

Sin comentarios

Deixa unha resposta

Your email is never published nor shared. Required fields are marked *

*