ViñoBus Ruta do Viño do Ribeiro – Xeodestino O Ribeiro – Carballiño

Escrito por ruta / 13 July, 2018 / , , , , , , , / 0 Comentarios

A Ruta do Viño do Ribeiro en colaboración co Xeodestino O 

vinobus carballino ribeiro ruta

Ribeiro- Carballiño pon en marcha, por primeira vez un viñobus na época de verán, que percorrerá as diferentes adegas da Ruta do Viño do Ribeiro combinado con visitas teatralizadas a enclaves patrimoniais destacados deste territorio vitivinícola, como son o Castro de San Cibrao de Las, o Mosteiro de San Clodio, o Pazo de Antón Losada Dieguez, o Casco Histórico de Ribadavia ou a igrexa de Santa María de Castrelo de Miño

Trátase da primeira actividade resultado da colaboración entre o Xeodestino O Ribeiro Carballiño, xestionado pola Mancomunidade Terras do Avia, e a Asociación Ruta do Viño do Ribeiro, financiado pola Axencia de Turismo de Galicia.

A primeira viaxe será o xoves 19 de xullo e a derradeira da tempada coincidirá co tempo de vendima, o 22 de setembro. O viñobus ten por obxecto ofrecer unha nova vía para descubrir os recursos enolóxicos e turísticos da  Denominación de Orixen máis antiga de Galicia. As Rutas teñen a súa orixe en Ourense  (Parque San Lázaro) con paradas na estación de tren de este Concello e en Ribadavia.

O prezo dos billetes do viñobus é de 10 euros por persoa adulta e 5 euros para nenos e nenas menores de 12 anos e poden mercarse en Ataquilla.com ou no teléfono 902 504 500.

O xantar corre a cargo dos participantes.

Podes descargar o folleto coa información das rutas do viñobus aquí

Comentarios

Sin comentarios

Deixa unha resposta

Your email is never published nor shared. Required fields are marked *

*