VI Xornadas de Portas Abertas nas Rutas dos Viños de Galicia

Escrito por ruta / 20 April, 2017 / enoturismo, enoturismo galicia, puertas abiertas, Ruta do Viño / 0 Comentarios

Xa se achega a sexta edición das Xornadas de Portas Abertas nas Rutas dos Viños de Galicia promovidas pola Axencia de Turismo de Galicia, e a Ruta do Viño do Ribeiro únese de novo a celebración.

Para facilitar a participación de todos os interesados, o sábado 20 sairán autobuses gratuitos dende Ourense, Vigo e Santiago de Compostela seguindo diferentes rutas. En cada ruta se visitarán distintas adegas participantes nas Xornadas, sempre acompañados dun guía turístico. Esta actividade gratuita é de aforo limitado, polo que recomendamos a reserva a través do formulario ViñoBus do Ribeiro o antes posible.

As Xornadas celebraranse os días 19, 20 e 21 de Maio, durante os cales os participantes poderán disfrutar de diferentes actividades:

  • Venres de Tapeo con “Sabor a Ribeiro” na Igrexa da Madalena o venres 19 ás 20.00h. Os restaurantes participantes nesta edición de Portas Abertas presentarán unha oferta variada de pinchos que se poderán harmonizar cos viños das diferentes adegas asociadas, co custe de 5€ para a degustación de 3 pinchos.
  • Ribeiro, son e viño. Túnel do viño o sábado 20 ás 19.30h e o domingo 21 ás 13.ooh na Igrexa da Madalena de Ribadavia. Poderedes participar gratuitamente e degustar diferentes marcas das adegas asociadas á Ruta do Viño do Ribeiro, todo elo amenizado cunha actuación musical en directo.
  • Bodegas Casal de Armán. Paseo en cabalo entre viñedos con degustación dun viño na finca, o sábado 20 e o domingo 21 ás 11.00h. Duración de 3 horas para un máximo de 4 persoas, cun prezo de 100€/persoa.
  • As Casiñas. En busca das Casiñas no Ribeiro o sábado 20, de 17.00 a 19.00h, e o domingo 21, de 12.00 a 14.00h. Mediante pistas, os participantes nesta actividade gratuita deberán buscar as casiñas situadas no conxunto histórico de Ribadavia, nas que atoparán un premio dunha botella de vino.
  • Museo etnolóxico de Ribadavia. Exposición de contido etnográfico. Entrada de balde sábado e domingo de 11.00 a 14.30h.
  • Andaina entre viñedos: vides e granxas medievais o domingo 21 de 10.00 a 13.00h, que rematará no Túnel do Viño da Ingrexa da Madalena. Actividade gratuita para todos os públicos previa inscrición.

A gran implicación dos establecementos asociados na Ruta do Viño do Ribeiro permitiu que a esta ampla oferta de actividades se lles engadan ofertas exclusivas de aloxamento entre viñedos e menús especiais cos mellores productos da gastronomía de Galicia harmonizados cos viños das adegas asociadas para os participantes nas VI Xornadas de Portas Abertas nas Rutas dos Viños de Galicia. Ademáis, as adegas participantes ofrecen visitas gratuítas e degustación  ás 11:30, 13:00 e 17:00h do sábado día 20, e o domingo 21 a visita será ás 12.00h.

 

Para información máis detallada das actividades, horarios e formas de reserva, podedes consultar o programa completo da VI Xornada de Portas Abertas na Ruta do Viño do Ribeiro. Non deixes que outros cho conten, esperámoste os días 19, 20 e 21 de Maio no Ribeiro!

Comentarios

Sin comentarios

Deixa unha resposta

Your email is never published nor shared. Required fields are marked *

*