Concello de San Amaro.

Castro de San Cibrao de Lás
Este castro ocupa parte do concello de San Amaro alcanzando unha extensión de máis de 20 hectáreas. Sendo un dos asentamentos castrexos máis importantes do noroeste peninsular.
Situado nun punto a 473 metros sobre o nivel do mar, ao lado do Monte de San Trocado que exerce de barreira visual ao Miño.
Na actualidade o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa Lansbrica está aberto ao público e conta cunha oferta variada de actividades para todos os públicos.
42°21’37.1”N 8°01’52.7”W

Contacto

Comentarios