Concello de Ribadavia.

Conxunto Histórico Artístico de Ribadavia
Declarado conxunto histórico artístico en 1947, comprende, entre outros recursos, Xudería, Castelo dos Sarmiento, Igrexas románicas, Museo Etnográfico ou as portas que se conservan da Muralla.
42°17’15.4”N 8°08’36.1”W

Termas de Prexigueiro
A carón do río Cerves, afloran as augas termais de Prexigueiro, nunha contorna de gran valor paisaxístico. As augas teñen unha composición bicarbonada-sulfurada sódica.
42°15’10.3”N 8°10’03.4”W

Desembocadura río Avia-Valparaíso
A pouca distancia do centro de Ribadavia, podemos trasladarnos a un escenario natural e idílico, na confluencia do río Avia e o río Miño.
42°16’50.5”N 8°08’38.4”W

Paseo Fluvial- 4 Pontes
Área de lecer na marxe dereita do río Avia no núcleo de Ribadavia. Trátase dun paseo fluvial de case un quilómetro e medio con diversos servizos para os visitantes
42°17’37.5”N 8°08’28.3”W
42°17’37.5”N 8°08’28.3”W

Contacto

Comentarios