Concello de Ourense.

As Burgas
As Burgas son a orixe desta cidade: en torno a estes mananciais termais fundaríase o asentamento primitivo que daría lugar a Ourense.
42°20’05.1”N 7°51’54.1”W

Praza Maior
Corazón dun centro histórico repleto de edificios de notable valor histórico, nela atópanse monumentos emblemáticos como a Casa do Concello, construída en 1888, ou o Museo Arqueolóxico (antigo Pazo do Bispo).
42°20’09.2”N 7°51’50.2”W

Catedral de San Martiño
Considérase románica de transición e a súa planta responde á dunha igrexa de peregrinación. Nela destacan o Pórtico do Paraíso, inspirado no Pórtico da Gloria da catedral compostelá pero que conserva a policromía orixinal, ou a capela do Santo Cristo.
42°20’11.1”N 7°51’47.5”W

Termas de Outariz
Na capital termal de Galicia, atopamos as termas de Outariz e A Chavasqueira. Son quizais as máis populares, pero non son as únicas: nun percorrido de 6 km ao longo do río Miño están as termas do Muíño da Veiga e a Fonte do Tinteiro.
42°21’01.6”N 7°54’51.8”W

Contacto

Comentarios