Concello de Leiro.

Area recreativa do Salgueiral
O río é cruzado pola coñecida como Ponte das Poldras que daba acceso ao mosteiro de San Clodio. Conta con parque infantil, vestiarios, aseos e mesas.
42°22’15.8”N 8°07’25.3”W

Mosteiro de San Clodio
Constituíuse como un cenobio benedictino que abrazou a reforma do Císter en 1151, alcanzando o seu máximo explendor nos séculos XII e XIII gracias ás abundantes rentas procedentes da produción vitivinícola. Declarado BIC e Monumento Histórico Artístico Nacional no 1981.
42°22’02.6”N 8°06’54.0”W

Balneario de Berán
Os primeiros datos destos mananciais refíerense ó século XVII. Pola súa natureza son sulfurosas ou hidrosulfurosas, termais unhas e ferruxinosas outras con efectos curativos para a pel.
42°20’42.1”N 8°08’26.5”W

Área recreativa de Pena Corneira
Neste parque mantéñense especies vexetais como carballos, loureiros, rascacús, castiñeiros, cerquiños, sobreiras e outras especies de interese autóctono. Espazo de Interese Natural e Monumento Natural.

Contacto

Comentarios