Concello de Castrelo de Miño.

Parque Náutico de Galicia
Destacamos a pista olímpica de remo, unha pista de 2000 metros que permite albergar competicións de primeiro nível, no encoro pódese practicar o piragüismo, a pesca deportiva ou a vela.
42º 17’ 37.93” N 8º 6’ 0.84” W

Igrexa de Santa María
Declarada Monumento Histórico-Artístico. Esta igrexa mantén parte da torre románica e un ábside semicircular do século XII, con vistosos relieves nos canzorros e metopas.
42º 17’ 27.28” N 8º 6’ 54.52” W

Pescastrelo
“Camiños dos pescadores de Castrelo de Miño” na área de Prado realizouse un escenario de pesca deportiva no que contamos coa colaboración da federación de Pesca e onde se poden facer competicións.
42º 19’ 21.11” N 8º 4’ 1.91” W

Ruta dos miradores de Castrelo de Miño
Puntos dende os que contemplar os vales do Arnoia, o Avia e o Miño, xunto co encoro de Castrelo: miradoiro do Coto de Novelle, miradoiro de Santo Estevo, miradoiro das Bouzas e Miradoiro da Costa de Prado de Miño.
42º 15’ 55.41” N 8º 6’ 46.69” W

Contacto

Comentarios