Adega Pazo Tizón

Localizado no Concello de Boborás, no monumento histórico-artístico de San Mamede de Moldes, cristianizado polos templarios. A historia do Pazo e a súa viña comeza no ano 1592, co seu precursor Bartolomé Rodríguez Tizón, abade de Juvencos. A renovación actual conserva o estilo orixinal da edificación que é de pranta rectangular, casi cadrada, en dous niveis. A fachada principal, inclúe unha muralla en sillería de pedra granítica, cruceiro románico e escudo de armas.

Contacto

Horario de apertura

  • Luns:
    -
  • Martes:
    -
  • Mércores:
    -
  • Xoves:
    -
  • Venres:
    -
  • Sábado:
    de 9.00 - 15.00 h
  • Domingo:
    de 9.00 - 15.00 h (Con cita previa)

Comentarios