Programa de Actividades da V Xornada de Portas Abertas na Ruta do Viño do Ribeiro

Escrito por ruta / 12 April, 2016 / , , / 0 Comentarios

Un ano máisa Ruta do Viño do Ribeiro se une á celebración da V Xornada de Portas abertas nas adegas das Rutas do Viño de Galicia que promove a Axencia Turismo de Galicia.  Durante a fin de semana dos días 21 e 22 de maio, os visitantes desta Ruta poderán gozar dun fin de semana enoturistico na D.O Ribeiro.

As adegas participantes ofrecen visitas gratuítas e degustación  ás 11:30, 13:00 e 17:00 horas do sábado día 21, eo domingo a visita será ás 12.00 horas.  Os restaurantes adheridos teñen deseñado menús especiais para este fin de semana cos mellores produtos da gastronomía de Galicia, a prezos moi asequibles.

Para gozar plenamente desta xornada, recomendamos un merecido descanso entreviñedos, xa que os aloxamentos propoñen ofertas moi atractivas para estes días.

Descarga o Programa Completo destas Xornadas Programa Actividades_V Xornada portas abertas RVR

E como queremos que cuando veñas á Ruta do Viño do Ribeiro só te preocupes de disfrutar tenemos un servizo de autobuses procedente de diferentes puntos de Galicia, como Lugo, Ourense, Santiago e Vigo, con diferentes rutas e paradas. Este servizo é gratuíto e é necesario reserva. Podes descargar as Rutas do Viñobus no seguinte enlace: RutasViñoBus_201

A Xornada se completa con visitas á sede do futuro Museo do viño de Galicia, na parroquia de Santo André, e coa  visita ao Museo etnolóxico de Ribadavia.

Máis información e reservas en; ruta@rutadelvinoribeiro.com

 

 

Comentarios

Sin comentarios

Deixa unha resposta

Your email is never published nor shared. Required fields are marked *

*