Novas actividades para a VI Xornada de portas abertas na Ruta do Viño do Ribeiro

Escrito por ruta / 12 May, 2017 / enoturismo, puertas abiertas, Ruta do Viño / 0 Comentarios

A cultura e a gastronomía do Ribeiro protagonizan esta a celebración que cada ano vai sumando público.

Despois de seis edicións o reto que nos plantexamos dende a Ruta do Viño do Ribeiro e avanzar un pouco máis na oferta de actividades e darlle protagonismo a outros recursos do territorio como a gastronomía e a cultura. Ainda que o eixo central das Xornadas está nas visitas ás adegas, este a no temos novas propostas que integran os valores que a cultura do viño aporta a cada un dos nosos recursos.

O venres 19 de maio, no marco da Igrexa da Madalena en Ribadavia, a partir das 8 da tarde, os Restaurantes socios da Ruta do Viño do Ribeiro, Aldea Rural de Pazos de Arenteiro, Mesón Val do Deva, Nautico Castrelo de Miño e Restaurante Sábrego, son os protagonistas do “Venres de Tapeo con Sabor a Ribeiro”, os visitantes terán a oportunidade de ofrecer pinchos e tapas con produtos da gastronomía galega que harmonizan á perfección cos viños das diferentes adegas que participan na Xornada de Portas Abertas, a prezos moi económicos. O evento será amenizado polo grupo de música Experience Trio, unha proposta formada por coñecidos músicos que proceden de direrentes estilos que nos farán gozar desta experiencia a ritmo de Free Jazz. Para o sábado 21, durante o Tunel do Viño, a música correrá a cargo de Ad Heyra Liti un dúo formado por Erea Carbajales (violín) e Aser Rodríguez (guitarra) cun estilo Neo Folk con influencias de músicas islandesas, australianas e celtas.

Si a gastronomía é un punto forte na Ruta do Viño do Ribeiro non o é menos o patrimonio histórico,un recurso do que este territorio é referencia, por iso o sábado 20 e o domingo 21 teremos a oportunidade de visitar a Reitoral de Santo André de Camporredondo, sede do que sería o Museo do Viño de Galicia, será unha visita nada ortodoxa e chea de sorpresas onde poderás atopar algún que outro personaxe sorprendente. Situada a 3 km de Ribadavia, esta reitoral era a granxa vitícola máis importante do Mosteiro de San Martiño Pinairo feito en silleria, do S. XVIII, con grandes lagares e adegas.

Como peche desta VI Xornada de Portas Abertas, o domingo 21 propoñemos unha actividade para disfrutar da cultura e da paisaxe do viño, a Andaina entre Vides “Granxas medievais do Viño”, a partir das 10 da mañá e ata as 13:00 horas ena que faremos un percorrido polo Paseo do Avia – As pontes – Muiño da Raiña- As Insuas – A Foz do Avia – O Valparaiso – San Xés de Francelos – O Pouso – Ponte de Outeiro – Camiño Real – Granxa de Outeiro – O Pouso – A Ribeira – Foz do Avia – Porta Nova. Esta actividade está organizada polo Concello de Rivadavia, Asociación Amigos do Mueso (AMECHIR) e colabora o Instituto Chamoso Lamas do Carballiño.

E como nas edicións anteriores as adegas participantes ofrecen visitas gratuitas ás 11:30, ás 13:00 e as 17:00 do sábado 20 e ás 12:00 o día 21 de maio.

Más información: Sonia Couso (Tecnica de la Ruta do Viño do Ribeiro del Ayuntamiento de Ribadavia): 988477100, ruta@rutadelvinoribeiro.com

Comentarios

Sin comentarios

Deixa unha resposta

Your email is never published nor shared. Required fields are marked *

*