A Ruta do Viño do Ribeiro coa marca Enoturismo Galicia

Escrito por ruta / 25 October, 2016 / enoturismo galicia, Ruta do Viño, Uncategorized @gl / 0 Comentarios

enoturismogalicia-ribeiroO Clúster de Turismo de Galicia crea a marca Enoturismo  Galicia para promover o turismo enolóxico da nosa Comunidade.
As Rutas do Viño de O Ribeiro, Ribeira Sacra, Rías Baixas e Monterrei traballrán conxuntamente baixo o paraugas de Enoturismo Galicia co fin de dar a coñocer o patrimonio vitivinícola de Galicia.
Na mañá do18 octubre de 2016 presentouse a marca “Enoturismo Galicia” do Clúster Turismo de Galicia na aula gastronómica da praza de abastos en Santiago de Compostela. Interviñeron representantes das cuatro rutas do viño comentando as singularidades de cada unha delas e a importancia de traballar de manera conxunta na promoción. Dª. Concepción Iglesias Pousa, vicepresidenta do Consello Regulador da D.O. por parte do Ribeiro, D. José Manuel Rodríguez González, presidente da Ruta do Viño Ribeira Sacra, o director técnico do Consello regulador de Monterrei, Luis Miguel López Núñez e o Presidente da Ruta do Viño de Rías Baixas, D. Juan Gil Araujo. O secretario do Clúster, Cesáreo Pardal, explicaba que Enoturismo Galicia nace co obxecto de adoptar unha estratexia común por parte das Rutas do Viño que permitan dar a coñocer o patrimonio vitivinícola do territorio, promocionando de forma conxunta o enoturismo e a enogastronomía.
Asimismo, Dna. Carmen Pita, da Axencia de Turismo de Galicia, alabou a importancia do traballo en equipo dos sectores implicados no turismo e do turismo enolóxico na nosa comunidade.
Tra- la presentación da marca, os medios de comunicación asistentes ao acto pudieron disfrutar de unha cata- maridaxe dos viños das catro rutas do viño a cargo do premiado enólogo Nacho Costoya. E tapas elaboradas, para cada un dos viños, polos reconocidos chefs Kike Piñeiro e Eloy Cancela.
Ademais, os medios e bloggers enolóxicos e gastronómicos alí presentes participaron nun concurso no que o agraciado foi premiado cun paquete Outono Gastronómico consistente en un menú, aloxamento e almorzo para duas persoas e moitos outros agasallos. Premios que tamén poderán gañar dende hoxe e ata o 30 de outubro quen suban unha foto de experiencias gozando de algún viño de estas rutas a RRSS (Twitter, Facebook e Instagram) cos hasgstag #sorprendeatussentidos #enoturismogalicia.

 

Comentarios

Sin comentarios

Deixa unha resposta

Your email is never published nor shared. Required fields are marked *

*