Grape Harvest Time

Posted By ruta / 30 September, 2013 / Uncategorized / 0 Comments

A Ruta do viño do Ribeiro pon en marcha o programa de Tempos de Vendima, apoiado pola Axencia Turismo de Galicia. Viño Bus, Tunel do viño, xantar de vendima, e moitas actividades máis para que o visitante se sinta protagonista da vendima no Ribeiro.

O pasado mes de agosto a entidade xestora da Ruta do viño do Ribeiro, xunto co resto de asociacións de Rutas do Viño de Galicia, asinaron un convenio coa Axencia Turismo de Galicia, para a promoción do Enoturismo en Galicia.

O obxecto deste convenio é dinamizar os territorios incluídos nas Rutas do Viño e posicionalos como destinos enoturísticos ofrecendo aos visitantes experiencias enoturísticas únicas.

Dende a Ruta do Viño do Ribeiro se levarán a cabo accións que promocionen os establecementos  das Rutas do Viño a través da definición dunha serie de actividades tematizadas en torno  a época da vendima. Os visitantes terán a oportunidade de participar nas labores de recollida de uva, e coñecer de primeira man o proceso de elaboración dos viños dunha das denominacións de Orixe máis antigas do estado. A xornada de vendima remata nun xantar con degustación de produtos típicos da gastronomía da zona.

Os turistas son os protagonistas deste programa de actividades, por iso, a Ruta do Viño do Ribeiro pon en marcha un Viño Bus que percorrerá diferentes panorámicas, para coñecer o patrimonio histórico – artístico e a riqueza paisaxística do territorio, tendo en conta que son épocas de máxima actividade nun territorio vitivinícola como o do Ribeiro.

O viño bus fará unha ruta o sábado pola tarde e outra o domingo pola mañá durante os tres primeiros fins de semana de Outubro, ao final de cada unha, haberá un Túnel do Viño, coa posibilidade de degustar os excelentes viños das adegas adheridas á Ruta do Viño do Ribeiro.

Os establecementos e municipios da Ruta do Viño do Ribeiro ofrecen propostas para disfrutar da vendima,  que inclúen paquetes turísticos, visitas a adegas, visitas guíadas…

Comments

No comments

Leave a reply

Your email is never published nor shared. Required fields are marked *

*