La Ruta del Vino del Ribeiro amplía el período de las actividades del Tiempo de Vendima

Posted By ruta / 15 October, 2014 / Uncategorized / 1 Comment

O éxito de público acadado pola iniciativa fai que a entidade que xestiona o produto turístico decida ampliar as actividades ate o día 26 e 27 de outubro.

Dende que o sábado día 6 de outubro comezou a primeira viaxe do viño bus da Ruta do Viño do Ribeiro o número de usuarios foi  aumentando en cada fin de semana. Si ben, os inicios foron discretos en canto a participación, a medida que a información se ía difundindo cada vez eran máis os interesados e interesadas que se achegaban á Ruta do Viño do Ribeiro para gozar dunha experiencia única  en Tempo de Vendima. Programa para esta fin de semana:

Sábado 26: Ruta do Ribeiro do Miño. Saída do viño bus ás 16:30 do Castelo dos Sarmiento de Ribadavia.

Túnel do Viño ás 18:00 horas. Lugar:Igrexa da Madalena.

Domingo 27: Ruta do Ribeiro do Miño. Saída do viño bus ás 11:30 do Castelo dos Sarmiento de Ribadavia.

Túnel do Viño ás 13:00 horas. Lugar:Igrexa da Madalena.

Para participar nas actividades hai que inscribirse previamente, a través da Asociación Ruta do Viño do Ribeiro no teléfono 988 472 056 ou no enderezo electrónico rutadelvinoribeiro@gmail.com, ou tamén a través dos teléfonos 988 470 902/699 062 427

Esta actividade é gratuíta para todas as persoas que estean aloxadas nos establecementos da Ruta do Viño do Ribeiro.

Comments

No comments

Leave a reply

Your email is never published nor shared. Required fields are marked *

*